Héitor

Héitor
[MIT]

Heroe troiano, fillo primoxénito de Príamo e Hécuba. Do seu matrimonio con Andrómaca naceu Astíanax. A Ilíada preséntao como o guerreiro ideal e heroe piadoso, cheo de xenerosidade e valentía na defensa dos deuses, do país e da patria. Na Guerra de Troia obtivo gloria guerreira pola súa defensa do ferido Sarpedón, a súa loita con Aiax e o asalto ás naves inimigas. A vitoria sobre Patroclo, amigo de Aquiles, motivou que este decidise volver a Ílion para vingarse. No combate entre os dous heroes, Héitor, perdida a axuda que lle prestara ata ese momento Apolo, é asasinado. Logo Aquiles ata o seu corpo ao carro de combate e arrástrao diante dos ollos dos troianos e arredor da tumba de Patroclo; seguidamente, abandona o cadáver no campamento grego para que os cans e as aves de rapina acabasen con el, pero Afrodita e Apolo apiádanse e presérvano da corrupción. Finalmente, Príamo consegue recuperar o corpo do fillo e celebrar os funerais con grandes honras.

Palabras veciñas

Heisenberg, Werner Karl | Heiss, Aloïs | Héitor | Héitor | Héitor | Hejduk, John | Hekla