"HMOS" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amosis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro Faraón da XVIII dinastía (1570 - 1546 a C). É fillo de Seqenenre Tao II. A conquista de Avaris, capital dos niksos, significou a fundación do Reino Novo (1567-1085 a C). Penetrou en Palestina e Fenicia e, cara ao Sur, recuperou a Baixa Nubia, prefigurando a expansión faraónica do Reinado de Tuthmosis III. Construíu en Karnak o templo de Ammón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
MOS de alta velocidade. Existe tamén a versión HCMOS, que fai referencia ao MOS complementario (CMOS).
-
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1525-1512 a C). Iniciou unha política expansionista cara a Siria, chegando en 1524 ata a fronteira con Mitanni, e cara a Nubia, ata a illa de Argos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1512-1504 a C), fillo e sucesor de Tuthmosis I. Obtivo a coroa grazas ao dote da súa media irmá Hatšepsut, coa que casou. Ampliou as conquistas en Nubia que iniciara o seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1504-1450 a C), fillo de Tuthmosis II. Baixo o dominio da súa tía e madrasta Hatšepsut (1504 e 1482), á morte desta continuou coa política expansionista de Tuthmosis I e reafirmou o control sobre as posesións que Exipto xa tiña. Avanzou cara a Palestina (1483 a C) e ocupou a chaira costeira de Fenicia (1476 a C). En 1475 a C venceu ao príncipe de Kadeš e en 1472 chegou ao Éufrates, á altura de Karkamiş, e entrou en Mitanni. En Nubia avanzou ata o distrito de Karoy e fundou Napata (1458).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1425-1417 a C), fillo de Amenofis II. Deulle unha nova orientación á diplomacia exipcia ao buscar a amizade de Mitanni -casado coa filla do soberano Artatama I e cedéndolle a cidade siria de Alalakh- para opoñerse aos hititas.
VER O DETALLE DO TERMO