Tuthmosis III

Tuthmosis III

Faraón da dinastía XVIII (1504-1450 a C), fillo de Tuthmosis II. Baixo o dominio da súa tía e madrasta Hatšepsut (1504 e 1482), á morte desta continuou coa política expansionista de Tuthmosis I e reafirmou o control sobre as posesións que Exipto xa tiña. Avanzou cara a Palestina (1483 a C) e ocupou a chaira costeira de Fenicia (1476 a C). En 1475 a C venceu ao príncipe de Kadeš e en 1472 chegou ao Éufrates, á altura de Karkamiş, e entrou en Mitanni. En Nubia avanzou ata o distrito de Karoy e fundou Napata (1458).