"Hamburgo" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital do land de Hamburgo, Alemaña, no fondo do esteiro de Elba (1.704.735 h [estim 2000]). Centro comercial e administrativo, o seu porto é un foco de comercio intercontinental, sobre todo con Europa Occidental, que o converteu no terceiro núcleo industrial de Alemaña, con industria moi diversificada: petroquímica, refinería de gas, metalurxia de estaño e de cobre, construcións navais, produtos químicos, fibras artificiais, caucho, industria alimentaria e elaboración de tabaco. Os sectores industriais sitúanse cerca do Elba, en Altona, Othmarscher, Blankenese, Hamburgo e Wandsbeck. Xurdiu en 808 ao redor da fortaleza carolinxia de Alster, que foi devastada por daneses e eslavos entre os ss IX e XI e dominada polos duques de Holstein desde finais do 1189. Consolidada como porto exportador da Hansa, recibiu un gran pulo comercial trala independencia de EE UU, cando se creou unha liña de navegación directa con este país. En 1815 ingresou como cidade libre na Confederación...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña (755 km2; 1.715.000 h [estim 2001]). É unha cidade estado que conserva parte dos seus privilexios medievais. A maior parte do territorio sitúase á beira dereita do Elba, que a atravesa de L a O. No fondo do esteiro sitúase Hamburgo, nunha illa formada polos brazos N e S do río, Wilhelmsburgo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada ao N de Pôrto Alegre (199.479 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO