"Hannover" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Rei de Hannover (1837-1851), fillo de Xurxo III de Inglaterra e de Hannover. Á morte do seu irmán Guillerme IV de Inglaterra e de Hannover, herdou este último reino. Hostil ás ideas liberais, aboliu a Constitución de 1833 e promulgou outra moito máis autoritaria. Por temor á expansión revolucionaria, en 1848 consentiu algunhas reformas que anulou pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Grecia, filla de Ernesto Augusto de Hannover e de Victoria Luísa de Prusia. Casou en 1938 co príncipe Paulo (despois Paulo I) de Grecia. Tralo golpe de estado de 1967 houbo de exiliarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do land da Baixa Saxonia, Alemaña (514.718 h [2000]). Situada á beira do Leine, o seu desenvolvemento demográfico débese ao feito de ser un cruzamento de importantes vías de comunicación e á proximidade do Mittellandkanal, que enlaza o Weser, o Ems, o Rin e o mar do Norte. A industria está moi diversificada: automóbiles, produtos químicos, maquinaria para a construción, industria téxtil e produtos alimentarios; tamén destacan as funcións comerciais e administrativas. Fundada no s XII, foi unha das principais cidades da Hansa ata o s XIV. Residencia dos soberanos da Casa de Hannover (1636-1714 e 1837-1866), do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o barrio medieval na beira esquerda de Leine, Marktkirche (s XIV), Kreuzkirche (s XIV), Ballhof (s XVII), e Leibnizhaus (s XV) e reconstruída no s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio de Saxonia, en Alemaña setentrional. Formou parte do principado de Calenberg e do Ducado de Brunswick, e en 1692 converteuse en electorado do Sacro Imperio. Os seus dominios estendéronse a outros territorios do antigo Ducado de Brunswick, baixo Xurxo Ludovico de Hannover. Formou parte do Reino Unido entre 1714 e 1837, pero foi ocupado por Napoleón Bonaparte en 1803, quen llo cedeu a Prusia (1806). Invadido novamente polos franceses (1807), tralo Congreso de Viena (1814) recoñeceuse a súa independencia como reino. En 1866 integrouse en Prusia como unha das súas provincias.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía xermánica que ocupou o trono de Inglaterra (1714-1901), o dos ducados de Brunswick (1884-1885 e 1913-1918) e Lüneburg (1705-1866 e 1913-1918) e o do electorado de Hannover (1692-1866). Ten a súa orixe no duque Ernesto Augusto de Brunswick-Calenberg (1629-1698), quen despois de casar coa princesa herdeira do trono inglés, Sofía do Palatinado (1658), recibiu os títulos de elector de Hannover e tesoureiro do Imperio. O seu fillo Xurxo Ludovico de Hannover (1660-1727) converteuse en 1714 no rei de Inglaterra (Xurxo I de Inglaterra) e iniciou a dinastía Hannover no trono inglés. En 1837 ao morrer sen descendencia Guillerme IV de Inglaterra (1765-1837), o patrimonio dos Hannover dividiuse, e mentres a sobriña do monarca, Victoria de Inglaterra, recibía o trono inglés, o seu irmán, o duque de Cumberland, converteuse en Ernesto Augusto I de Hannover (1771-1851). Tralo casamento da Raíña Victoria I de Inglaterra...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza formada por Inglaterra, Francia, Prusia, Holanda e o Reino de Hannover en 1725, trala firma do tratado asinado no castelo de Hessengausen, e á que se uniron en 1727 Suecia e Dinamarca. Respondía á ameaza que os Acordos de Viena (1725) entre Austria e España representaban para o equilibrio europeo. Austria negociou por separado, feito que produciu o illamento de España e preparou a celebración dun congreso en Soissons.
-
PERSOEIRO
Raíña de Prusia e electora de Brandeburgo, filla de Ernesto Augusto I de Hannover e de Sofía do Palatinado. Casou en 1684 co futuro Federico I de Prusia (Federico III de Brandeburgo).
VER O DETALLE DO TERMO