Borox

Borox

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao O de Aranjuez, no límite coa Comunidad de Madrid, onde o río Tajo captura o Jarama (2.132 h [1996]). Tradicionalmente dedicado á gandería lanar e á agricultura cerealística, na década de 1990 a expansión urbana de Madrid comezou a ser perceptible neste concello (situado 40 km ao S da capital de España) coa construción de urbanizacións residenciais, grazas ás que se puido invertir a tendencia ao decrecemento demográfico.