"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • PERSOEIRO

    Tipógrafo suízo. Perfeccionou o uso dos caracteres móbiles na impresión de mapas e introduciu as interliñas progresivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e mineraloxista alemán. Inventou un pequeno morteiro para pulverizar minerais chamado morteiro de Abich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico provenzal. Nas súas expedicións ás Islas Canarias, aos Açores e ao Senegal recopilou abondosos datos botánicos, faunísticos e xeolóxicos. Froito destes traballos publicou Histoire Naturelle du Sénégal (Historia Natural do Senegal), Les Familles Naturelles des Plantes (Familias naturais das plantas) e Nouvelle méthode pour différencier les familles des plantes (Novo método para diferenciar as familias de plantas). Foi o autor da primeira descrición científica do baobab, causa pola que Linneo designou co nome Adansonia digitata, na súa honra, a esa árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que antigamente designaba en Inglaterra a nobreza en xeral; posteriormente foi aplicado unicamente aos membros da familia real británica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sirio, de orixe libanesa e relixión cristiá. Foi fundador (cara ao 1940), secretario Xeral (1942) e presidente (1947) do Ba’ ṯ (Baas), partido panarabista de ideoloxía socialista. Apoiou a unión de Siria con Exipto, promovendo a República Árabe Unida (1958-1961). Unha vez disolta a RAU tentou a creación dunha federación entre Exipto, Siria e Iraq. Destituído da Secretaría Xeral do Ba’ ṯ no 1965 por causa da súa oposición á política de nacionalizacións en Siria, exiliouse no 1966 ao producirse o golpe de estado dirixido por Nūr al-Dīn al-Atasī e Zuwayyin. No 1968 instalouse en Bagdag, onde ocupou cargos de honra do Ba’ ṯ dende 1970 ata 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Grecia. Nace no monte Pindos, rega a chaira de Agrinion e desemboca, logo dun percorrido de 220 km, no mar Xónico, á entrada do golfo de Patres. O nome popular grego é Aspropótamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Badajoz, Extremadura (2.347 h [1996]). Aciñeiras, cereal, legumes, vide e oliveira. Gandería lanar. Canteiras de caliza e fabricación de pensos. Ten un castelo medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político siciliano. En Un periodo della istoria siciliana del secolo XIII (1842), reeditada co título La guerra del Vespro Siciliano, deu a coñecer a Crónica de Bernat Desclot. Ao se desencadear a revolta de 1848, foi deputado no Parlamento, Ministro de finanzas e representante do goberno revolucionario en París e en Londres. Ao caer este (1849), fuxiu a Malta e despois a Marsella. No Reino de Italia foi senador (1861) e Ministro de Instrución Pública (1862-64). Destaca a súa Storia dei Musulmani di Sicilia (1854-1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Embaixador de Luís XIV fronte a Filipe de Anjou, futuro Filipe V de España, nomeado no 1705. Endereitou a política fiscal da administración borbónica. Con Melchor de Macanaz promoveu, no 1707, a política anexionista no tocante a València e Aragón. Cando Luís XIV pretendeu que Filipe V renunciase á Coroa de España, abandonou a embaixada (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Cultivou os xéneros da reportaxe con Arpegii la Siret (Arpexios sobre o Siret, 1964); a poesía con Sapte insi întro carua (Sete individuos nun carro, 1961) e o teatro con Saptamina patimilor (A Semana Santa) e Viteazul (O valente, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Importante necrópole prehistórica de Sardeña, preto de Alguer. Existen 40 covas artificiais, funerarias, da época eneolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista italiano. Tipógrafo en Londres, decidiu atentar contra Antonio Cánovas del Castillo, líder do goberno español. Axudado por Henri Rochefort e os insurxentes cubanos, asasinou a Cánovas no balneario de Santa Ádega o 8 de agosto de 1897. Morreu executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Traballou en Roma con Alessandro Algardi. Decorou os apousentos de Ana de Austria, no Louvre, e os interiores da Igrexa de Val-de-Grâce, en París. Sobresae a estatua de Amfitrita (Musée du Louvre).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter un desexo vehemente dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo vehemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cheo de anhelo por conseguir algo, por ter algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Tesalia, cerca das Termópilas, onde se reunía a anfitionía délfica ao redor do santuario de Deméter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protuberancia do pavillón da orella humana situada entre a hélice e a fosa auricular. Bifúrcase na parte superior en dúas ramas, superior e inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe difusa que aparece sobre o horizonte nun punto oposto ao Sol e á mesma altura no horizonte. Está motivada pola reflexión da luz nas caras de minúsculos cristais hexagonais de xeo en suspensión na atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO