Aflak, Michel

Aflak, Michel

Político sirio, de orixe libanesa e relixión cristiá. Foi fundador (cara ao 1940), secretario Xeral (1942) e presidente (1947) do Ba’ ṯ (Baas), partido panarabista de ideoloxía socialista. Apoiou a unión de Siria con Exipto, promovendo a República Árabe Unida (1958-1961). Unha vez disolta a RAU tentou a creación dunha federación entre Exipto, Siria e Iraq. Destituído da Secretaría Xeral do Ba’ ṯ no 1965 por causa da súa oposición á política de nacionalizacións en Siria, exiliouse no 1966 ao producirse o golpe de estado dirixido por Nūr al-Dīn al-Atasī e Zuwayyin. No 1968 instalouse en Bagdag, onde ocupou cargos de honra do Ba’ ṯ dende 1970 ata 1977.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Damasco

  • Deceso

    Lugar : París