"Heriberto" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Xosé Luís Méndez Ferrín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xermánico Heribert, Herbert ou Haribert ‘ilustre no seu exército’, composto de *harja- ‘pobo en armas’, ‘exército’ e *bertha- ‘ilustre’, ‘famoso’. Hai quen pensa que pode vir tamén do xermánico Hari-berth ‘exército’. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Chanceler (994) do emperador Odón III e arcebispo de Colonia (999). Fundou a abadía de Deutz e foi canonizado no s XVII. Na iconografía viste roupas arcebispais, co sagrado palio, e leva como atributos unha pomba e a maqueta dunha igrexa ou mosteiro. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Figura relevante do socialismo ourensán na segunda década do s XX, foi secretario do Centro de Sociedades Obreras de Ourense en 1914. Foi detido en diversas ocasións, como en 1917, despois da folga antidinástica convocada pola UGT e a CNT, e en 1921, despois da folga xeral iniciada en solidariedade coa loita anticaciquil de Vilamartín de Valdeorras. A partir de 1922 afastouse do PSOE e colaborou coa Confederación Regional Agraria de Basilio Álvarez Rodríguez, participando no seu congreso fundacional (1922) como defensor do abolicionismo foral da Federación Provincial Agraria de Ourense. No verán dese mesmo ano achegouse dun xeito temporal ao anarcosindicalismo e asistiu en Vigo á conformación da Confederación Regional Galaica da CNT, que logo representou no mitin celebrado en Ourense en protesta pola represión dos agrarios de Guillarei (Tui). Durante a Ditadura de Primo de Rivera seguiu vinculado á organización agraria ata que se retirou da actividade pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e empresario. Formado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, traballou en La Región (1956) e Garbo (1958), e logo instalouse en Madrid, onde cofundou as axencias Radial Press (1962) e Delfos (1968), xunto con Alfonso S. Palomares. Director de Cambio 16 (1971), Ciudadano (1974-1978 e 1986-87), Posible (1974) ou Interviu (1979-1982), de novo con Palomares fundou (1985) e dirixiu (1986-1996) a revista Leer. En 1993 fundou Turismo y Aventura, que tamén dirixiu.

    VER O DETALLE DO TERMO