"Herodías" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do grego Ἠ ρώδης, derivado de ἥ ρως ‘gobernante’. Segundo algúns estudiosos ten unha orixe siria e viría dunha voz co significado de ‘dragón en chamas’. Destaca con este nome o rei xudeu Herodes o Grande. Na tradición oral recóllense ditos como “Ruín coma Herodes” (en alusión á maldade do personaxe bíblico) ou “Ir de Herodes a Pilatos” (referido a alguén que é maltratado e sofre un escarnio tras doutro); Herodías chamábase a neta de Herodes.
-
PERSOEIRO
Neta de Herodes o Grande. Casou co seu tío Herodes Filipo, con quen tivo a Salomé, e posteriormente casou co medio irmán deste, Herodes Antipas. Nos Evanxeos aparece como instigadora da morte de Xoán Bautista.
VER O DETALLE DO TERMO