Herodes/Herodías

Herodes/Herodías
[ONOM]

Antropónimo que procede do grego Ἠ ρώδης, derivado de ἥ ρως ‘gobernante’. Segundo algúns estudiosos ten unha orixe siria e viría dunha voz co significado de ‘dragón en chamas’. Destaca con este nome o rei xudeu Herodes o Grande. Na tradición oral recóllense ditos como “Ruín coma Herodes” (en alusión á maldade do personaxe bíblico) ou “Ir de Herodes a Pilatos” (referido a alguén que é maltratado e sofre un escarnio tras doutro); Herodías chamábase a neta de Herodes.