"Hida" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
GALICIA
Xornalista e crítico teatral. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Parlamentario e do Heraldo de Madrid, no que escribiu diversos artigos de crítica taurina co pseudónimo de Pepe Festivo e foi tamén correspondente do xornal bonaerense La Nación. Ao finalizar a Guerra Civil española exiliouse a Alemaña e Francia. En París foi locutor da radio e da televisión francesa. Da súa autoría son os diálogos radiofónicos La Rebotica e La tertulia del Café Dupont, dedicados aos exiliados republicanos, e tamén a comedia El triunfador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 2 de febreiro de 1848 que puxo fin á guerra entre EE UU e México. Trala invasión estadounidense de México, o goberno mexicano pactou a cesión de Texas, Nuevo México, a Alta California e parte do territorio de Tamaulipas a cambio dunha indemnización de 15 millóns de dólares.
-
MACIZO
Macizo montañoso de Xapón, na zona central da illa de Honshū, erguido sobre rochas cristalinas fracturadas por volcáns activos. Culmina nos 3.180 m de altitude do monte Yari.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do grego Hydatios a través do latín Hydatius, derivado de hydatís ‘pedra preciosa’.
-
PERSOEIRO
Bispo de Aquae Flaviae (427?-470?). De familia acomodada, na súa mocidade viaxou por Oriente, onde entrou en contacto con bispos orientais como Xoán de Xerusalén, Euloxio e Xerome. Considerado o primeiro cronista hispano, escribiu Chronicon, obra en latín continuación en certa maneira da obra de san Xerome, que busca ser unha historia universal desde as orixes de Gallaecia. Foi o introdutor da Era Hispánica na historiografía medieval que empeza a contar en 38 a C e que estivo en vigor ata 1383. Como bispo, defendeu o Emperador Teodosio, perseguiu os priscilianistas e enfrontouse aos invasores bárbaros que estaban a provocar a ruptura do Imperio Romano. Por esta razón, o rei suevo Frumario encarcerouno (460), aínda que, logo de tres meses e por mor da presión popular, tivo que poñelo en liberdade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de México (20.813 km2; 2.235.591 h [2000]). A súa capital é Pachuca. A maior parte do estado inclúese dentro do altipalno meridional e o seu clima é, en xeral, seco. A rede hidrográfica, xerarquizada polo río Moctezuma, verte ao golfo de México. Os recursos minerais son moi abundantes, especialmente a prata, o cobre, o ouro e o ferro.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que tiñan esta consideración social. Trátase da forma castelanizada correspondente ao apelido galego Fidalgo, que ten a súa orixe etimolóxica no galego medieval filho d’algo.
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas. Outra variante ostenta, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas; bordo de goles, con dez cabezas de mouros da súa cor, con turbantes de prata. Outros levan, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con catro castelos de ouro, un en cadanseu cantón do escudo, e catro aspas, do mesmo metal, unha no centro do xefe, unha en cada flanco e unha en punta.
-
-
PERSOEIRO
Revolucionario mexicano. Sacerdote desde 1778, fíxose cargo da parroquia de Dolores de Guanajuato, onde iniciou unha tarefa de educación popular e onde foron madurando as súas ideas independentistas. O 16 de setembro de 1810 lanzou o grito de Dolores, que significou o inicio da loita pola independencia. Derrotado polo exército realista, foi capturado e fusilado cando fuxía cara a Texas. Tralo establecemento da República mexicana en 1824 foi recoñecido como pai da patria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Foi director do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Arquéologo municipal de Vigo, ten publicado diversos estudios sobre a arte rupestre e castrexa, e a historia de Vigo en revistas especializadas. Foi coautor de As Raíces de Vigo: a prehistoria (1995), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo (1999) e Vigo medieval: a idade media (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado en Chantada a partir de 1916. Fundado e dirixido por Manuel Vázquez Campo, a súa tendencia era conservadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia básica derivada da alantoína. Forma o núcleo de diferentes compostos usados como antiepilépticos e antiarrítmicos, como a difenilhidantoína.
-
-
-
Larva do platihelminto Echinococcus granulosus.
-
esícula que contén a larva do platihelminto Echinococcus granulosus.
-
-
-
Quiste hidatídico que se produce na equinococose.
-
Tumor enquistado que contén un humor acuoso.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hidátide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ruído que se produce pola flutuación dun líquido nunha cavidade calquera do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano situado xeralmente nas follas e que segrega auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se forma pola acción da auga.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo hidatsa.
-
Individuo do pobo hidatsa.
-
Pobo indíxena americano que habitaba nas chairas de Dakota do Norte (EE UU). Formaban parte da familia linguística síux.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.
-
CIDADES
Cidade da illa de Honshū, Xapón, que forma parte do Gran Toquio, situada a 20 km ao O de Kawasaki (364.197 h [1997]). É un centro de produción de seda natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e escritor. Residiu en Filipinas, onde se posicionou a prol das tendencias separatistas. Así, colaborou co semanario La Solidaridad, voceiro de José Rizal Mercado e dos seus partidarios nas illas. Publicou Geografía general del archipiélago filipino (1872), El trovador del Ulla (1880) e Héroes de Filipinas (1888).
VER O DETALLE DO TERMO