Hidacio

Hidacio

Bispo de Aquae Flaviae (427?-470?). De familia acomodada, na súa mocidade viaxou por Oriente, onde entrou en contacto con bispos orientais como Xoán de Xerusalén, Euloxio e Xerome. Considerado o primeiro cronista hispano, escribiu Chronicon, obra en latín continuación en certa maneira da obra de san Xerome, que busca ser unha historia universal desde as orixes de Gallaecia. Foi o introdutor da Era Hispánica na historiografía medieval que empeza a contar en 38 a C e que estivo en vigor ata 1383. Como bispo, defendeu o Emperador Teodosio, perseguiu os priscilianistas e enfrontouse aos invasores bárbaros que estaban a provocar a ruptura do Imperio Romano. Por esta razón, o rei suevo Frumario encarcerouno (460), aínda que, logo de tres meses e por mor da presión popular, tivo que poñelo en liberdade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Limia