"Highlands" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Provincia de Papua Nova Guinea (11.200 km2; 229.619 h [1990]). A capital é Garoka (17.855 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Escocia e división administrativa do Reino Unido (25.783 km2; 208.600 h [estim 2000]). Comprende a zona de terras elevadas do N do país, en oposición ás áreas baixas ou Lowlands. A súa capital é Inverness. Constitúena un conxunto de macizos e altiplanos formados por materiais cristalinos e metamórficos. A depresión de Glen More divídea en dous grandes conxuntos: ao S os Montes Grampianos e ao N as Northern Highlands. Por mor da altitude o clima é rigoroso. A natureza do rochedo e as pendentes pronunciadas proporciónanlle solos pouco potentes, polo que o seu desenvolvemento agrario é pobre; estes mesmos factores topográficos inflúen negativamente no desenvolvemento das demais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Papua Nova Guinea (23.800 km2; 546.265 h [2000]). A súa capital é Mendi (17.119 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Papúa Nova Guinea (8.500 km2; 440.025 h [2000]). A súa capital é Mount Hagen (27.782 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO