Highlands

Highlands

Rexión de Escocia e división administrativa do Reino Unido (25.783 km2; 208.600 h [estim 2000]). Comprende a zona de terras elevadas do N do país, en oposición ás áreas baixas ou Lowlands. A súa capital é Inverness. Constitúena un conxunto de macizos e altiplanos formados por materiais cristalinos e metamórficos. A depresión de Glen More divídea en dous grandes conxuntos: ao S os Montes Grampianos e ao N as Northern Highlands. Por mor da altitude o clima é rigoroso. A natureza do rochedo e as pendentes pronunciadas proporciónanlle solos pouco potentes, polo que o seu desenvolvemento agrario é pobre; estes mesmos factores topográficos inflúen negativamente no desenvolvemento das demais actividades económicas.