"Himalaia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran sistema montañoso de Asia Meridional. Esténdese en sentido lonxitudinal ao longo de 2.500 km dende o val do Indo, ao NO, ao val do Brahmaputra, ao SL, e en sentido transversal do Tibet, ao N, á chaira indoganxética, ao S. Moitos dos seus cumios superan os 7.000 e 8.000 m de altitude. Separa a India e China, e comprende, ademais, territorios doutros estados (Paquistán, Nepal e Bhutan). Formado durante o ciclo oroxénico do Terciario, no Mesozoico e parte do Paleozoico, as fases oroxénicas principais tiveron lugar durante o Mioceno e ao final do Terciario. Dende un punto de vista estrutural distínguense, de S a N, varias rexións: as montañas de Siwalik, dunha altitude media duns 2.000 m; o Pequeno Himalaia o Himalaia Menor, ao redor dos 4.000 m; e o Gran Himalaia, no eixe axial da cordilleira, constituído por granitos, gneises e outras rochas metamórficas, onde se acadan as maiores altitudes da terra, concretamente no Everest, de 8.848 m; outros cumios destacados son o Kānchenjunga...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso do Tíbet, situado ao N do curso superior do Tgsanpo, onde a súa altitude supera os 6.000 m. A vertente S é bastante húmida e boscosa, mentres que a vertente N, que mira cara ao interior do Tíbet, é máis árida.