Union Act
Union Act
Nome dado a dúas leis polas que se constituíu Reino Unido, coa unión de Escocia e Inglaterra primeiro (Reino Unido de Gran Bretaña, 1707), e coa adhesión de Irlanda posteriormente (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, 1801). A primeira culminou ante o perigo dunha restauración dos Stuart en Escocia, que preferiu a adhesión a Inglaterra, e a segunda foi unha reacción defensiva dos protestantes contra os católicos, motivada polas revoltas de finais do s XVIII. Esta última só se mantivo ata a consecución, en 1921, do Irish Free State (Estado Libre de Irlanda), e desde 1927 denomínase Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte