Unión Africana
Unión Africana
Nome científico:
[UA; ingl: African Union, AU; fr: Union Africaine, UA]
Organizacion supranacional africana creada en Syrte (Libia) en 2002 co obxectivo de incrementar a integración económica e política e reforzar a cooperación nos seus estados membros. Substituíu á Organización da Unidade Africana (OUA). Inspirada na Unión Europea, está integrada por 53 países, coa excepción de Marrocos. En 2004 inaugurou a sede do Parlamento Panafricano en Johannesburgo.