"Hixinio" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Profesor de linguas e director do Colexio de San Agostiño (1894). Ademais da docencia tamén se dedicou ao xornalismo. Nesta segunda profesión, desempeñou o cargo de director de Ecos de Orense e, con Xabier Prado e Fausto Ameijeiras, iniciou a segunda etapa do semanario O Tío Marcos da Portela, momento no que este xornal pasa a ser o órgano das Irmandades da Fala. Foi tamén secretario da Asociación da Prensa de Ourense, presidente da primeira Irmandade da Fala de Ourense (1916), e membro destacado do rexionalismo e galeguismo da súa cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Estrutura Económica na Universidade de Santiago e político nacionalista. Realizou estudios de Dereito e Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e de Lingua e Literatura Francesa na Université de la Sorbonne. A súa actividade política iniciouse en 1963, cando participou na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), no que ocupou o cargo de secretario xeral. Anos máis tarde, integrouse no Bloque Nacionalista Galego (BNG), formación que lidera e á que representa no Parlamento de Galicia dende a segunda lexislatura (1985). O feito máis salientable da súa actividade política é a súa capacidade de reunir nunha mesma formación a diferentes partidos políticos galeguistas (Partido Nacionalista Galego, Esquerda Nacionalista, Unidade Galega, Unión do Pobo Galego, etc) e conducir ao nacionalismo galego dunha presenza marxinal na política galega a ser a segunda forza política do país e alternativa de goberno. Tras ser nomeado académico de número da Real Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Formado dun xeito autodidacta, aprendeu a tocar o bombardino e case que todos os instrumentos bandísticos. Realizou un destacado traballo no eido das bandas populares de Galicia, dirixiu a banda da súa vila (1926-1949) e algunhas outras, entre as que cómpre citar as de Viveiro, Monterroso, Ordes, Padrón e Cuntis. Compuxo máis de 200 pezas musicais para banda que foron catalogadas e editadas, e realizou un labor moi importante nos arranxos musicais. Estivo preso no lazareto de San Simón durante vinte e dous meses. A súa derradeira composición foi Noches del Santo Cristo, obra de concerto conservada manuscrita no arquivo da banda de música de Padrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Hyginus, e este no grego Hyginos, derivado do adxectivo ὑ γιεινός ‘san’, e este do substantivo ὑ γίεια ‘boa saúde’. Da mesma raíz é Hixía (Ύγίεια) que, na mitoloxía grega, é a personificación da Saúde; está considerada filla do deus Asclepio, invocado polos gregos para conservar ou recobrar a saúde. Destacan con este nome o escritor hispanolatino Hixinio (64 a C-17) e o papa santo Hixinio de Atenas (s II), que celebra a súa festa o 11 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino de orixe hispánica. Chegou a Roma como escravo, onde recibiu leccións dun gramático. Foi liberto de Augusto, quen o nomeou bibliotecario do seu palacio, á fronte da Biblioteca Palatina (28), onde deu clases de filosofía. Estudiou todas as materias que abarcaban o saber do momento: historia, ciencia, filosofía, literatura, relixión e astroloxía. Escribiu biografías de homes ilustres, libros sobre as cidades de Italia, familias troianas, agricultura, astronomía, fábulas mitolóxicas, poemas e comentarios da obra de Virxilio, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (136-140). Loitou contra os gnósticos e ditou disposicións para regulamentar a xerarquía sacerdotal, desarticulada tralas persecucións de Traxano e Adriano. Posiblemente sufriu persecución e martirio. Na iconografía viste de pontifical, con sagrado palio e tiara; e leva como atributos un pergamiño despregado con caracteres gregos. A súa festividade celébrase o 11 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e escritor. Especializado en investigación histórica, das súas obras destacan O bandido Casanova (2000, Premio de Novela Pastor Díaz 1999) e Os naufraxios da Galicia norte: provincia marítima de Ferrol (2003). Monbars, o Exterminador (2006, Premio Eixo Atlántico de Narrativa Galega e Portuguesa) e A do vinte e un (2009, Premio Vicente Risco de Creación Literaria).

    VER O DETALLE DO TERMO