Hypholoma
Hypholoma
[FUNGO]
Xénero de fungos basidiomicetos da familia das estroforáceas (Strophariacea) que medran a miúdo no mato, con esporas de cor parda escura e provistas de veo efémero. As máis comúns son H. fasciculare (tóxica segundo algúns investigadores) e H. velutinum.