Hypnum
Hypnum
[PLANTA]
Xénero de briófitos (musgos) da familia das hipnáceas, con cápsulas inclinadas, curvadas ou non e con peristoma dobre. De superficie brillante, están formando céspedes; son dioicas. As especies máis difundidas son H. cupressiforme (sobre castiñeiros e carballos), H. commutatum e H. cuspidatum.