"ICED" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Muros. As súas armas levan, sobre campo de azur, un terreo inclinado cara ao poñente.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Formado en dereito, serviu no exército español na súa loita contra os franceses (1808-1814). En 1812 exerceu como representante das provincias do vicerreinado de Nueva Granada. Unha vez que se produciu o alzamento das colonias americanas, foi nomeado tenente coronel e formou parte do Consello de Goberno das colonias. Trala Batalla de Boyacá, en 1819, foi nomeado gobernador da provincia de Neiva e deputado do Congreso granadino. Durante a ditadura de Simón Bolívar (1828-1830) foi secretario de Interior e presidente do Consello de Ministros. En 1830, tralo abandono da presidencia por parte de Bolívar, ocupou durante un breve período de tempo este cargo, do que foi apartado en 1831 cando o Congreso elixiu como presidente a Joaquín Mosquera. Volveu ser nomeado gobernador da provincia de Nevia e tres anos antes da súa morte, en 1840, foi vicepresidente da República de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional, non gobernamental, independente e non lucrativa, que se fundou en 1970. Céntrase no papel da educación no desenvolvemento económico e social dos países. O seu programa de actuación inclúe prioritariamente actividades que se refiren á xestión dos sistemas de educación superior e ao desenvolvemento de estratexias educativas nos países en vías de desenvolvemento.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello do Vicedo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Mariña Occidental situado no N da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Lugo (43° 44’ N - 7° 40’ O). Limita ao N co Mar Cantábrico, ao L co concello de Viveiro (comarca da Mariña Occidental), ao S co de Ourol (A Mariña Occidental) e ao O con Mañón (Ortegal). Abrangue unha superficie de 76 km 2 cunha poboación de 2.086 h (2007) distribuída nas parroquias de Cabanas, Mosende, Río Barba, San Miguel de Negradas, San Román de Vale, Suegos e O Vicedo. A capital é O Vicedo, na parroquia homónima. Dista 167 km de Santiago de Compostela e 105 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Viveiro.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Os seus trazos físicos veñen marcados pola combinación de dúas formas de relevo. Unha esténdese por toda a parte interior, e está composta por aliñacións montañosas de cumes suaves e pouca altitude (400-500 m) e a outra abarca o litoral, formado por unha pequena plataforma costeira... -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto pesqueiro situado na ría do Barqueiro. Conta cun pequeno espigón cunha liña de atraque duns 35 m e calado de 2 m, con rampla de varanda, talleres e iluminación. Protexe dos ventos do primeiro cuadrante.