Svalbard
Svalbard
Arquipélago situado no Océano Ártico, pertencente a Noruega (62.700 km2; 2.591 h [1998]). Está integrada polas catro grandes illas Spitzbergen (Spitzbergen, Nordaustlandet, Edge e Barents), o illote de Prins Karls Forland, as illas de Bjørnøya, Hopen e Kvitøya, o arquipélago Kong Karls Land e outros illotes. A súa capital é Longyearbyen, na illa de Spitzbergen. Descuberta polos viquingos en 1194, foi redescuberta polos ingleses (1553) e recoñecida polo neerlandés W. Barents (1596). Desde o Tratado de Sèvres (1920) pasou a depender de Noruega.