Temas

Matsushima

Arquipélago de Xapón, composto por 249 illas, que se situa na baía de Sendai, na illa de Honshū.

Máis >
Dahlak

Arquipélago do Mar Vermello, pertencente a Eritrea, formado por 122 illas que ocupan unha superficie total de 1.088 km2. A illa máis grande é Dahlak Deset. A súa economía baséase, principalmente, na extracción de petróleo e na recolección de perlas.

Máis >
Tierra del Fuego

Arquipélago do extremo meridional de América, separado do continente polo estreito de Magallanes (73.000 km2). Comprende a illa grande de Tierra del Fuego e unha serie de illotes máis ao S (Navarino, Hoste, Santa Inés, Desolación, Los Estados). Dividido entre Arxentina e Chile, a banda oriental da illa grande pertence a Arxentina e constitúe unha provincia (21.263 km2; 100.313 h [1999]). A banda occidental pertence a Chile (49.208 km2; uns 6.000 h). Os centros máis importantes son Ushuaia (57.334 h [1999]), capital da provincia arxentina da Tierra del Fuego, e Porvenir no territorio chileno. A poboación vive da caza de focas e da pesca.

Máis >
Revillagigedo

Arquipélago mexicano situado no Océano Pacífico que forma parte do estado de Colima. De orixe volcánica, conta cunha extensión de 830 km2 e está integrado polas illas deshabitadas de Clarión, Roca Partida, San Benedicto e Socorro.

Máis >
Ryūkyū

Arquipélago de Xapón formado por 83 illas, das que 48 están deshabitadas e que forma o ken de Okinawa (2.250 km2; 1.950.828 h [2000]). A capital é Naha. Esténdese uns 1.100 km formando un grande arco desde Kyūshū, ao N, ata Taiwán, ao S. A maioría das illas grandes son volcánicas (hai 15 volcáns activos) e as pequenas, coralinas. O principal núcleo urbano é a capital, na illa de Okinawa. Destacan os cultivos de cana de azucre, batata, arroz e ananás. A poboación, resultado de migracións prehistóricas desde Xapón e China, presenta caracteres somáticos diferentes dos xaponeses. A súa lingua, con moitos dialectos e clasificada dentro do xaponés, difire moito desta e, de feito, non se dá a comprensión mutua. A importancia dada ao parentesco condicionou os seus poboamentos e a súa relixión, centrada no culto aos antepasados. Antigo reino independente, foi ocupado por China (s VII a C), da que dependeu ata 1607, cando foi invadido polos xaponeses....

Máis >
Año Nuevo

Arquipélago situado ao L da Terra do Fogo, na Arxentina.

Máis >
Aru

Arquipélago de Indonesia, no mar de Arafura (8.562 km2). As principais illas son Kola, Wokam, Krobor, Maikoor e Trangan. Na pequena illa de Wamar, situada ao O de Wokam, está a localidade máis importante, Dobo.

Máis >
Nordensel’da

Arquipélago de Rusia, situado no mar de Kara, preto das costas da península de Tajmyr. Comprende noventa pequenas illas.

Máis >
Loading