Temas
Arquipélago de Columbia Británica, Canadá, situado no Océano Pacífico, ao NO da illa de Vancouver. Está separado de Alasca, ao N, pola Dixon Entrance, e do continente, ao L, polo estreito de Hecate.
Arquipélago de América do Norte, situado ao SL das Bahamas, separado destas polo paso de Caicos e constituído por seis illas e dezaseis illotes de orixe coralina (430 km2; 4.001 h [1980]). As máis importantes son North Caicos, Middle Caicos, East Caicos, South Caicos e West Caicos. Forma parte da colonia británica das illas Turks e Caicos. Ten aeroporto internacional na illa de South Caicos.
Arquipélago de Grecia, situado ao S do mar Exeo, que constitúe o nomós do Dodecaneso (2.714 km2; 163.476 h [1991]). A capital é Rodas. Está formada polas illas de Astypálaia, Leros, Kálymnos, Telos, Chalke, Rodas, Patmos, Lipsós, Kôs e Nísyros. Estivo poboado dende o Neolítico. No 700 a C, a illa de Rodas formou parte da Hexápole doria, xunto con Knido, Halicarnaso e Kôs, feito que influíu no resto das illas do Dodecaneso. Dende o s III a C, perdeu prototagonismo no espazo do Exeo. Ocupárono os romanos e os bizantinos. Durante a Idade Media, sufriu os ataques dos piratas sarracenos, mentres os xenoveses e os venecianos estableceron bases nas illas. No 1309, os cabaleiros de San Xoán conquistaron a illa de Rodas e construíron a cidade medieval. Estiveron baixo dominio turco entre 1522 e 1912, cando foron ocupadas polos italianos. A dominación italiana durou ata 1943 e a Conferencia de París de 1946 outorgoullas a Grecia.
Arquipélago e hsien do mar da China Meridional, situado no estreito de Taiwán, entre esta illa e o continente (127 km2; 89.181 h [estim 1999]). Consta de 21 illas. A súa capital é Makung (15.000 h [1995]).
Arquipélago da Antártida, constituído por catro illas desérticas e algúns escollos rochosos, situado a 1.350 km de Tierra del Fuego (622 km2). Dispútano Inglaterra, que as consideran unha dependencia das illas Malvinas, e Arxentina, que mantén nel un observatorio meteorolóxico.
Arquipélago da costa pacífica de América do norte, Alasca, EE UU. Esténdese de N a S dende o Cross Sound ata a Dixon Entrance e está formado por unhas 1.000 illas, de relevo abrupto e costas moi recortadas. As illas principais son Baranof, Chicagof, Admiralty, Kupreanof, Prince of Wales e Revillagigedo.
Arquipélago situado no Océano Ártico, pertencente a Noruega (62.700 km2; 2.591 h [1998]). Está integrada polas catro grandes illas Spitzbergen (Spitzbergen, Nordaustlandet, Edge e Barents), o illote de Prins Karls Forland, as illas de Bjørnøya, Hopen e Kvitøya, o arquipélago Kong Karls Land e outros illotes. A súa capital é Longyearbyen, na illa de Spitzbergen. Descuberta polos viquingos en 1194, foi redescuberta polos ingleses (1553) e recoñecida polo neerlandés W. Barents (1596). Desde o Tratado de Sèvres (1920) pasou a depender de Noruega.
Arquipélago da rexión de Magallanes e Antártica Chilena, Chile, situado no Océano Pacífico entre os estreitos de Magallanes, ao S, e o de Nelson, ao N.
