Brijuni
Brijuni
Nome científico: [ital: Brioni]
Arquipélago do Mar Adriático, na costa de Istria, Croacia, fronte ao porto de Pula. Habitado polos romanos, o arquipélago quedou case deshabitado na Idade Media; posteriormente adquiriu importancia estratéxica como base militar. Ao remate da Primeira Guerra Mundial, foi anexionado a Italia, permanecendo baixo a súa soberanía do 1919 ao 1947, data na que foi incorporado a Iugoslavia. Foi a residencia estival do presidente federal iugoslavo. Actualmente o arquipélago pertence a Croacia.