Sulu
Sulu
Arquipélago do mar de Sulu, situado ao SO de Filipinas, da que forma parte politicamente (2.688 km2; 360.588 h [1980]). A súa capital é Jolo (52.429 h [1980]). De formación volcánica, o seu litoral está circundado por arrecifes de natureza coralina. Esténdese desde o SO de Mindanao ata preto da costa oriental de Sabah (Malaisia). Os principais cultivos son arroz, mandioca, cocos e froitas tropicais. Como actividade mariña figura a pesca de perlas.