Wallis e Futuna

Wallis e Futuna

Arquipélago de Polinesia (Oceanía), situado entre as illas Samoa e Fixi, formado pola illa Wallis, coa illa de Uvea e unha vintena de illotes, e as illas Horn, con Futuna e Alofi (255 km2; 15.000 h [estim 2001]). A capital é Matâ’utu (1.137 h [1996]). Desde 1959 constitúe un territorio de ultramar da República Francesa.