"Imperia" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Doutrina política e económica que se opón a calquera forma de imperialismo. As primeiras análises económicas que denuncian o imperialismo aparecen trala guerra hispano-norteamericana (1898) e a anglo-bóer (1899-1902), son O imperialismo (1902), do economista inglés Hobson, O capital financeiro: fase contemporánea do desenvolvemento do capitalismo (1910), do marxista austríaco Hilferding, O imperialismo: fase superior do capitalismo (1916), do revolucionario ruso Lenin, e Nationalstaat, imperialistischer Staat und Staatenbund (1915), do reformista alemán Kautski. Malia as diferencias teóricas entre estas catro obras, todas coindicen nunha crítica expresa aos fundamentos económicos do imperialismo e ás súas consecuencias políticas e sociais. Non obstante , só na obra de Lenin existe unha exposición doutrinal na que o antiimperialismo é unha doutrina revolucionaria orientada cara á transformación da sociedade; tanto Hobson ou Kautski coma outros autores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antiimperialismo.

    2. Persoa que se mostra contraria ao imperialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia situada en Liguria, Italia (1.156 km2; 204.233 h [2001]). A súa capital é Imperia (39.549 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao emperador ou ao imperio.

    2. Que se considera superior a outros polas súas calidades.

    3. Aplícase á serie de conferencias convocadas pola coroa británica, celebradas entre 1887-1937 en diversas cidades do Imperio para tratar sobre problemas comúns.

      1. Aplícase ás moedas de ouro antigas, entre as que destacan unha cuñada en Flandres e outra en Rusia.

      2. Moedas cuñadas en Roma por orde dos emperadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química británica fundada en Londres en 1926 ao fusionarse a United Alkali Company (monopolio inglés da sosa) coa British Dyestuffs Corporation e a Nobel Industries. Pasou a ser rapidamente unha das primeiras empresas químicas do mundo. En 1958 asociouse á Fiber Industries de EE UU e a partir de 1970 participou en prospeccións petrolíferas no mar do Norte. No estado español a súa filial ICI España SA encabeza un amplo grupo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi un dos autores incluídos no Cancionero de Baena e un dos introdutores do hendecasílabo na poesía castelá. Dentro da súa poesía didáctica destacan El Dezir a las syete virtudes (1977) e Visión de los siete planetas. Escribiu tamén Relación de la memorable colgadura de cera (1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia dun estado á constitución e mantemento dun imperio por medio da dominación territorial e a implantación económica e política. Referido nun principio á expansión territorial, o termo foi aplicado, co inicio da industrialización, á política económica expansionista. No s XIX o imperialismo manifestouse nos países europeos cun rigoroso sistema proteccionista nas colonias, que garantía o progreso da produción. No período de entreguerras estendeuse a oposición ao imperialismo nas sociedades colonizadas a través dos movementos nacionalistas, que foron logrando a independencia dos seus estados trala Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao imperialismo.

    2. Partidario do imperialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO