Imperial Chemical Industries

Imperial Chemical Industries
Nome científico: [ICI]

Empresa química británica fundada en Londres en 1926 ao fusionarse a United Alkali Company (monopolio inglés da sosa) coa British Dyestuffs Corporation e a Nobel Industries. Pasou a ser rapidamente unha das primeiras empresas químicas do mundo. En 1958 asociouse á Fiber Industries de EE UU e a partir de 1970 participou en prospeccións petrolíferas no mar do Norte. No estado español a súa filial ICI España SA encabeza un amplo grupo industrial.

Palabras veciñas

imperforado -da | Imperia | imperial | Imperial Chemical Industries | Imperial, Francisco | imperialismo | imperialista