"Inés" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 173.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada de orixe grega que se emprega nos procesos de creación de palabras co significado de ‘movemento’. Ex: citocinese, discinesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-cines(e/ia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
-cines(e/ia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1949 polo goberno da República Popular de China. Substituíu á Academia Sinica, trasladada a Taipei ao final da Guerra Civil polo goberno nacionalista. Consta de cinco departamentos: física e matemáticas, química, ciencias biolóxicas, ciencias da Terra e ciencias tecnolóxicas. A sede central da academia está en Pequín, sen embargo, ten delegacións nas principais cidades chinesas. Un sexto departamento, que se ocupaba das humanidades acabou por constituír no ano 1977 a Academia Chinesa de Ciencias Sociais.
-
-
amitose.
-
Falta de propensión a empregar unha parte determinada do corpo. Cómpre diferenciala da parálise e da apraxia. Aparece por dexeneración ou destrución dos núcleos da base cerebral e preséntase a miúdo na enfermidade de Parkinson.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda do sentido do movemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade para executar movementos opostos dunha maneira rápida e alternativa. É síntoma de afección cerebelosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido polos Reis Católicos no ano 1475 a Alonso Ramírez de Arellano y Enríquez, Capitán Xeneral da fronteira de Navarra. Por enlace matrimonial (1670) pasou aos Manrique de Lara, condes de Frigiliana, e aos Carvajal, duques de Abrantes.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de València, situado 2,5 km ao S de Gandía (1.759 h [1996]). Monocultivo da laranxa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da mobilidade no que o individuo executa un movemento co membro oposto ao que desexa ou ao que se lle ordena mover.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía norteamericana de transportes aéreos fundada en Nova York en 1930 e reorganizada en 1934.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que inhibe a enzima acetilcolinesterasa. Os anticolinesterásicos reducen a degradación enzimática da acetilcolina nas sinapses neuromusculares e, xa que logo, prolongan a súa acción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situadas no lugar de Ardines, preto de Ribadesella (Asturias), coñecidas cos nomes de El Ramu e Lloseta. Conteñen pinturas prehistóricas en varias salas, moitas delas descubertas no 1968. Nas bóvedas rochosas aparecen representacións de figuras animais (cabalos, renos) datadas no Solutrense e no Magdalenense, así como series de signos abstractos, acaso máis antigas (supostamente auriñacenses).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe antiga procedente de Muros, dende onde se espallou a Vigo e Gondomar. Membros desta caste emparentaron con outras familias nobres, como a dos Troncoso. As súas armas levan, en campo de prata, dez panelas de sinople, postas en tres paos, con catro o do centro.
-
-
Que é propio do arlequín ou pertencente a el.
-
De moitas cores, que lembra o vestido do arlequín.
-
-
-
Conxunto dos movementos automáticos por efecto dunha longa aprendizaxe.
-
Interpretación errónea dun fenómeno por causa de modificacións subxectivas debidas á percepción, á actitude, ao marco de referencia, etc.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Bali, aos seus habitantes, á súa lingua ou á súa música.
-
Natural ou habitante de Bali.
-
Individuo do pobo indonesio balinés.
-
Pobo indonesio que habita na illa de Bali e parcialmente na de Lombok. Os aproximadamente tres millóns de balineses sufriron a influencia de poboamentos xavaneses e da civilización hindú. A súa actividade principal é a agricultura, altamente evolucionada, aínda que tamén sobresaen no traballo da madeira, dos metais e dos tecidos. A islamización de Xava, no transcurso do s XIII, motivou que a arte hindú xavanesa se refuxiase en Bali, onde aínda perdura. Entre os monumentos da illa salientan o templo escavado de Tampak-Siring e o santuario de Sangsit. As relacións sociais organízanse a partir de comunidades locais importantes, con tendencia á endogamia. A organización familiar é case sempre nuclear, de residencia patrilocal e con relación de parentesco bilineal. A relixión autóctona ancestral, practicada pola maioría da poboación, está influenciada por elementos do Hinduísmo, particularmente do bramanismo sivaíta; sen embargo, o sistema de castas existente é menos estricto ca o indio: as...
-
Lingua da familia austronésica, do grupo malaio-polinesio e do subgrupo súndico. Fálase na illa de Bali e parcialmente na de Lombok.
-
Arte musical de Bali. Coexisten na illa a música ritual antiga, a clásica e mais a moderna. Existen dous sistemas de afinación (de cinco e de sete sons por oitava) que achegan unha gran variedade de escalas. Os instrumentos musicais máis usuais son os pratos, os gongs, o tambor, o geng gong (instrumento pastoral de bambú) e os idiófonos de percusión (saron, bonang e gender). Os conxuntos instrumentais (gamelan) son famosos polas súas execucións repletas de virtuosismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao baltofinés.
-
Grupo de linguas finoúgricas, faladas entre os mares Báltico e Branco, en territorios de Finlandia, Estonia, Curlandia e outras zonas veciñas de Rusia.
-
-
PERSOEIRO
Escritora. Publicou xunto a María Velho da Costa e María Teresa Horta Novas cartas portuguesas (1974), onde denuncian a situación política de Portugal baixo a ditadura. É autora tamén de De noite as árvores são negras (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Benin ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Benin.
-