Academia Chinesa de Ciencias

Academia Chinesa de Ciencias

Institución fundada no ano 1949 polo goberno da República Popular de China. Substituíu á Academia Sinica, trasladada a Taipei ao final da Guerra Civil polo goberno nacionalista. Consta de cinco departamentos: física e matemáticas, química, ciencias biolóxicas, ciencias da Terra e ciencias tecnolóxicas. A sede central da academia está en Pequín, sen embargo, ten delegacións nas principais cidades chinesas. Un sexto departamento, que se ocupaba das humanidades acabou por constituír no ano 1977 a Academia Chinesa de Ciencias Sociais.