"Ingenio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na illa de Gran Canaria, provincia de Las Palmas, Canarias (24.439 h [2001]). É un destacado centro turístico e produtor de cultivos tropicais, coñecido polas súas manufacturas de palma e polos seus bordados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Miguel Cervantes Saavedra. A primeira parte apareceu en Madrid a comezos de 1605, e a segunda en 1615, ambas editadas polo libreiro Juan de la Cuesta. O éxito da novela foi inmediato, e xa en 1605 Juan de la Cuesta tivo que publicar unha nova edición da primeira parte, mentres en Lisboa aparecían dúas máis sen autorización. A primeira parte traduciuse ao inglés en 1612, mentres que a obra completa reeditouse en numerosas ocasións en castelán e nas restantes linguas cultas do mundo. O Quixote representa unha parodia dos libros de cabalarías, tan de moda na época, e marca o inicio do seu declive definitivo; ademais, a novela transloce o concepto renacentista e clásico dunha arte literaria nova e moderna. O que nun principio ía ser unha máis das súas coñecidas Novelas Ejemplares, converteuse co tempo nunha inmensa obra, dotada duns recursos temáticos, estilísticos e estruturais sen precedentes. O fidalgo Alonso Quijano vólvese tolo coa lectura dos libros de cabalarías, o...

    VER O DETALLE DO TERMO