"Ireneo" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión de Midi-Pyrénées, Francia (4.464 km2; 223.718 h [estim 1995]). A capital é Tarbes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Cirene ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cirene.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que axuda a outra nun traballo penoso, por alusión a Simón Cireneo, que segundo a tradición cristiá axudou a Cristo a levar a cruz. Ex: Portouse como un verdadeiro cireneo co irmán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que deriva do nome persoal grego ε ἰ ρηνα ῐ ος ‘pacífico, dedicado á deusa da paz’, que pasou ao latín -primeiro como xentilicio e despois como nome propio- como Irenaeus ou Ireneus ‘consagrado á paz’, ‘o pacífico’. Santo Ireneo de Lyon (130?-208?) celébrase o 28 de xuño.
-
PERSOEIRO
Pai da Igrexa e bispo de Lyon (178?-202?). Discípulo de san Policarpo, bispo de Esmirna, foi un dos principais teólogos do seu tempo. En Lyon foi ordenado sacerdote por san Potino e participou activamente nas disputas teolóxicas do seu tempo. Orientou a súa actividade para a evanxelización da Galia e para a loita contras as herexías; destacou fundamentalmente como polemista antiagnóstico e profundo coñecedor da tradición católica. Escribiu Adversus haereses. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo persoal un facho aceso na man. Venerado como mártir, a súa festividade celébrase o 28 de xuño, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de Aquitania (7.645 km2; 600.018 h [1999]). A súa capital é Pau.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de Languedoc-Rosellón (4.116 km2; 392.803 h [1999]). A súa capital é Perpignan.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema orográfico da Península Ibérica que se estende desde a costa cantábrica ata a mediterránea, no límite con Francia. Este sistema montañoso está enmarcado polas depresións do Ebro ao S, e de Aquitania ao N. A súa lonxitude é duns 425 km e a súa anchura en xeral non pasa de 100 km. As grandes unidades estruturais dos Pireneos poden agruparse en tres conxuntos: o baseamento está constituído por terreos do Precámbrico e do Paleozoico, ata o Carbonífero superior; a cobertoira está constituída por zonas mesozoicas e terciarias afectadas polas estruturas de dobramento do ciclo alpino; e os terreos postoroxénicos que comprenden o Neoxeno e o Cuaternario. A partir da distribución cartográfica dos materiais divídense en tres zonas de N a S: a zona N prepirenaica, a zona axial e a zona S prepirenaica. Os Pireneos axiais son unha estrutura creada no Terciario e caracterízanse polos mantos de corremento, pola erosión fluvial, pola tectónica distensiva posterior e, finalmente, polas glaciacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado na Illa dos Faisáns, na desembocadura do río Bidasoa, o 7 de novembro de 1659, entre os representantes de Filipe IV -Luis Méndez de Haro e Pedro Coloma-, e os de Luís XIV de Francia -Mazzarino e Hugues de Lionne-, que puxo fin á contenda iniciada entre eles en 1635, durante a Guerra dos Trinta Anos. Como antecedente tivo lugar a Conferencia de Madrid (1656), infrutuosa, onde Francia manifestou que non renunciaría ao Rosellón se non era a cambio de Navarra. En 1658 retomáronse as conversas e, co Pacto de París como base, iniciouse o acordo definitivo o 13 de agosto de 1659. O tratado estipulaba a cesión de Filipe IV a Francia de diversas poboacións de Flandres, Artois (agás Aire e Saint Omer), Hainaut e, ao S, a cesión do Condado do Rosellón e da metade do Condado de Sardeña. Así mesmo, acordouse o matrimonio de Luís XIV con María Tareixa de Austria, filla de Filipe IV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serras máis próximas aos Pireneos axiais. Hai un Prepireneo setentrional dentro da conca do Garonne, e un Prepireneo meridional, na do Ebro. A zona de fricción entre ambas as dúas unidades tectónicas está ben desenvolvida entre o Pireneo axial central, onde predominan o granito e as lousas, e o Prepireneo meridional, con formacións calcarias.