"Iria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 76.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aloestesia referida á man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos apeiros da labranza pertencentes a unha casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coloración agrisada da pel e das mucosas causada pola inxestión prolongada de sales de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo país do Oriente Medio situado ao norte de Mesopotamia (actual Iraq). A Prehistoria (4300-2800 a C) aparece representada nas fases, comúns a toda Mesopotamia, de O-Obeid (4300-3500 a C) nos xacementos de Palatino; Ḥ assūna e Arpačiyah, de Uruk (3500-3100 a C), Uruk IV e Palatino; Ǧ amdat Na Palatino;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:ṣ r (3100-2800 a C) coas estacións de Tepe Gawra, Nínive (actual Koyuncik) e Palatino; Ǧ abal Sinjar. A súa entrada na historia comezou arredor do 2370 a C, mercé á dinastía de Acad (2371-2191), que se impuxo en toda Mesopotamia, influíndo moito en Asiria, especialmente no terreo ideolóxico: o concepto acadio de imperio universal, concretado no título sar kibrat erbettim (rei das catro rexións do mundo) foi asumido polos asirios. Despois dunha larga fase (ss XXII e XXI a C) con escaseza de fontes, seguiu outra (ss XX e XIX a C) dominada pola dinastía de Puzur-Asur (?1975-1814 a C), integrada por nove gobernantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta da glándula tiroide.

    2. atiroidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República Autónoma de Rusia que se estende polas estribacións occidentais dos Urais meridionais (143.600 km2; 4.111.300 h [estim 1999]). A capital é Ufa. De relevo montañoso, especialmente ao L, nos Urais, o seu clima é continental seco. O bosque cobre a parte montañosa, mentres que ao O están as comarcas esencialmente agrícolas e gandeiras. A poboación está composta por baxkirianos (24,3%), tártaros (24,5%), rusos (40,3%) e outras minorías, predominando a relixión musulmana. O desenvolvemento económico deste país comezou coa explotación petrolífera en 1932 (Isimbaj), continuada por novas explotacións en 1944 (Okt’abr’skij) e en 1960, para as que se crearon as refinerías de Černitovks e Ufa, e plantas de aproveitamento de gas natural. A organización tribal dos baxkires conservou a independencia do seu territorio ata o s XIII, cando foron sometidos polos tártaros, que estableceron nel tres khanatos: o Siberiano, o Cazánico e o Nogaico. Baxkiria foi anexionada a Rusia por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie e época do Carbonífero mariño de Rusia, que xace enriba do Sepukhoviano e baixo o Moscoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Baxkiriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de azul, entre ondas de azul e prata, unha praia próxima a un porto de mar. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Birbiriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica italiana realizada entre 1913 e 1914. Foi dirixida por Giovanni Pastroni e interpretada por Lydia Quaranta, Itala Almirante, U. Mazzto e B. Pagano. O argumento desenvólvese ao redor de Cabiria, unha rapaza raptada por Cartago onde vai ser sacrificada ao deus Baal. Salvada por un patricio romano e polo seu escravo Maciste, reciben a axuda da raíña Sofronisba. Os especialistas, os decorados e as novidades visuais e técnicas, converteron este filme nun clásico do cine italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alpargatería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘carpintería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca ecuménico (596). Acolleu a viúva e os fillos do Emperador Mauricio, perseguidos a morte por Focas; como consecuencia, foi privado de moitos dos privilexios que lle outorgara o seu antecesor, sufriu persecución e foi asasinado. É venerado como santo polos ortodoxos e celébrase o 27 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono e mártir. Ordenado diácono polo Papa Marcelo (300), tiña sona de exorcista; conta a lenda que lle sacou o demo do corpo a Artemia, filla do Emperador Diocleciano, e a Fobia, filla do rei de Persia. Maximiano Hércules obrigouno a que renegase da fe cristiá, pero, ante a súa negativa, foi sometido a crueis tormentos ata que finalmente o decapitaron nas termas de Salustio. En Vilariño das Touzas (Riós) invócano contra a dor de cabeza e, sobre todo, contra o pedrazo; sen embargo, noutros lugares para pedir a chuvia mollan o santo. Na iconografía viste a dalmática e leva na man un libro; como atributos, un demo encadeado ou un dragón (exorcista), ou vai acompañado dunha princesiña coroada (a filla do emperador). A súa festa celébrase o 8 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Xerusalén s IV) Bispo de Xerusalén e mártir baixo Xuliano o Apóstata. Na iconografía represéntase con mitra e báculo de bispo, e leva como atributo a santa Cruz do Gólgota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciriaco de Pizzicolli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do grego κυριακός - ή -όν (‘pertencente ao Señor ou a Xesús’), adxectivo derivado da voz grega κύριος -α   -ον (‘que ten autoridade, señor, patrón’), que, ao igual ca Cirilo, xa na época cristiá pasou a designar a Deus. Entre os santos que levan este nome cómpre salientar: o bispo Ciríaco de Xerusalén (s IV), o diácono Ciríaco de Roma (s III-IV) e o patriarca ecuménico Ciríaco de Constantinopla (595? - 616). A súa festividade celébrase o 7 de agosto en Paredes (parroquia de San Pedro de Laroá, Xinzo de Limia) e o 8 (en Riós), aínda que fóra de Galicia é máis común celebralo o 5, 18, 20, 23 ou 24 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Candeeiro alto, sen pés, que levan os acólitos nalgúns oficios relixiosos. Ex: A chama do cirial apagouse cando o acólito que a levaba espirrou.

    VER O DETALLE DO TERMO