"Irimia" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de vento de madeira con dez furados e que produce un son agudo por medio dunha palleta de pequeno tamaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe nun topónimo, Pedregal de Irimia (Meira). Neste lugar celebrouse a Primeira Romaxe de Crentes Galegos (16.9.1978). Irimia deu nome a unha asociación cristiá e a unha revista quincenal. A súa festividade celébrase o segundo sábado de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación civil de carácter cristiá-galeguista que naceu en 1979 arredor da Primeira Romaxe de Crentes Galegos, celebrada en 1978 no Pedregal de Irimia, (Meira). Creada para reflexionar sobre a Igrexa galega despois do Concilio Vaticano II, ten como obxectivo unir a fe cristiá e a tradición galega, a relixiosidade e as crenzas tradicionais. Pretenden unha promoción da cultura e da espiritualidade galego-cristiá desde unha prespectiva cristiá e progresista, a través dun proxecto aberto e integrador para a Igrexa en Galicia. É un movemento solidario cos máis débiles e asoballados e en diálogo creativo con calquera persoa ou colectivo comprometidos neses mesmos valores. Creou a revista Irimia (1981); a colección Angueira, sobre temas de igrexa e galeguidade; participa no labor educativo desde Escola Alento de Formadores para o Tempo Libre, organiza cursos a través de Cruzeiros, xuntanzas, como a da Festa do Lume, o dous de febreiro, que lles serven como foro de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal en galego editada en Vilalba a partir de setembro de 1981. Subtitulouse “Semanario de crentes galegos”. Desde 1987 converteuse en quincenal. Dirixida inicialmente por Victorino Pérez Prieto, a partir da década de 1990 foi substituído por Carmen Puente Fernández. Conta coa colaboración de destacados escritores e intelectuais de Galicia. Das súas seccións, todas elas dedicadas á cultura desde unha perspectiva cristiá, cómpre destacar “Falando con xeito”, coordinada por X. Ferro Ruibal, e “Biblia popular galega”, de X. Chao Rego.
-
GALICIA
Ilustradora. Estudiou Belas Artes en Madrid. Realizou, entre outras, as ilustracións de Quérote (1994), de Úrsula Heinze, Como unha pluma liviá (1995), de Xavier López Rodríguez e Quero que veñan meus pais (2000), de Concha Blanco; ademais de libros sen texto, dos que destacan, Perro (1995) e 4 libros de imágenes para bebés sin texto (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia e concello de Meira, na serra de Meira, onde xorde unha das fontes do río Miño, a 600 m de altitude.