Irimia
Irimia
[PUBLIC]
Revista semanal en galego editada en Vilalba a partir de setembro de 1981. Subtitulouse “Semanario de crentes galegos”. Desde 1987 converteuse en quincenal. Dirixida inicialmente por Victorino Pérez Prieto, a partir da década de 1990 foi substituído por Carmen Puente Fernández. Conta coa colaboración de destacados escritores e intelectuais de Galicia. Das súas seccións, todas elas dedicadas á cultura desde unha perspectiva cristiá, cómpre destacar “Falando con xeito”, coordinada por X. Ferro Ruibal, e “Biblia popular galega”, de X. Chao Rego.