iris
iris
(< lat iris < gr ἰρις)
s
f
[ANAT]
Formación membranosa circular, pigmentada e contráctil, situada na capa anterior do ollo, detrás da córnea e inmediatamente diante do cristalino. O centro está perforado pola pupila. A función do iris é a de regular a cantidade de luz que entra dentro do ollo e excluír os raios periféricos que afecten á nitidez da imaxe retiniana.