"Irlanda" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Santa nacional de Irlanda que veu substituír a antiga divindade Brigantia, deusa da fertilidade, das artes e da ciencia. Bautizada por un discípulo de san Patricio, fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. Esta santa labrega acadou sona pola súa vaca: repartía entre os mendigos penlas de manteiga que ela mesma facía; un día visitárona tres bispos, e deulles leite a fartar muxindo tres veces no mesmo día a súa única vaca. O seu culto está moi espallado entre os países celtas como Gales, Bretaña armoricana, etc. Os irlandeses asimílana á propia Virxe, de feito é coñecida como a “Señora de Eirín”. En iconografía represéntase con vestiduras de abadesa, hábito branco e veo negro, e, como atributos persoais, leva un cirio na man e unha chama sobre a cabeza; ás veces tamén aparece como unha leiteira batendo a manteiga ou unha labrega coidando dunha vaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o pintor Domenico Bigordi. As súas primeiras obras recibiron a influencia de Andrea del Castagno e de Domenico Veneziano; entre outras destacan os frescos da Storie di Santa Fina da colexiata de San Gimignano (1475). Nunha segunda etapa, é notorio o contacto coa obra de A. Verrochio, a influencia de Leonardo da Vinci e o coñecemento da pintura flamenga de Van der Goes en Cenacolo no claustro da igrexa de Ognissanti (1480). Colaborou na Capela Sixtina. En Florencia en 1485 comezou o fresco coa Storie della Virgine e di San Giovanni na capela maior de Santa Maria Novella. Realizou tamén retratos femininos.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago británico, situada ao O da illa de Gran Bretaña, da que só a separan 23 km no lugar máis estreito do mar de Irlanda (83.849 km2). Está dividida entre a República de Irlanda, estado soberano, e Irlanda do Norte, que forma parte do Reino Unido e Irlanda do Norte.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O zócolo irlandés componse dunha gran variedade de rochas primarias: calcarias paleozoicas, xistos e granitos. Morfoloxicamente a illa está formada por unha depresión central dominada ao N e ao S por macizos montañosos, onde aparecen lagos e turbeiras. Ao N, macizos graníticos e volcánicos aparecen separados por amplos golfos; o maior é o de Dún na nGall, no NO. Ao S os sistemas encadéanse de xeito lonxitudinal con máis continuidade, e forman un relevo de tipo apalachense (montañas de Corcaigh e Ciarraí). Neste sector atópase o punto culminante da illa, os 1.041 m de altitude do Carrantuohill. A rede hidrográfica ten como principal expoñente ao río Shannon (Ant-Sionna).... -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Occidental que ocupa a maior parte da illa homónima (70.273 km2; 3.828.000 h [2001]). A súa capital é Dublín.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía económica
O ingreso do país na Comunidade Económica Europea en 1973 significou un punto de inflexión na súa estrutura económica, que ata esa data se caracterizaba polo predominio do sector agropecuario, que proporcionaba a maior parte do emprego malia permanecer, en gran parte, sumido en condicións precapitalistas. As condicións climáticas impoñen un predominio dos cultivos pratenses, que ocupan máis de dúas terceiras partes da supericie agraria útil, o que favorece a orientación das explotacións cara á produción gandeira. O censo gandeiro é moi elevado e triplica á poboación humana. Destacan os armentíos bovino, ovino e porcino. O cooperativismo está moi estendido, especialmente para a produción leiteira. Ademais, cultívase millo, patacas, remolacha azucreira, hortalizas e maceiras.... -
TERRITORIOS
Territorio do NL da illa de Irlanda que forma parte de Reino Unido (13.576 km2; 1.702.000 h [2000]). A súa capital é Belfast.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía< /B>
O 62% da poboación é protestante e o 38% católica. Os protestantes son maioritarios en Belfast e nos distritos máis orientais do país, onde se concentra a produción industrial, mentres que os católicos habitan os condados rurais e os barrios periféricos de Belfast. O desenvolvemento do país vese moi freado polo conflito político. Malia a estreita vinculación con Reino Unido, a renda per cápita é sensiblemente inferior á do conxunto do país, pois non chega ao 70% dela.
Historia
Está formada polos antigos condados de Antrim, Armagh, Down, Fermanagh, Derry e Tyrone, que se corresponden coa antiga provincia histórica de Ulster. En 1920 promulgouse a Government of Ireland Act, pola que Ulster debía ser dirixido por un gobernador británico e un goberno autónomo responsable... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar de Europa que separa as illas de Gran Bretaña e Irlanda e que se comunica co Océano Atlántico polos canais do Norte e de San Xurxo.
-
ILLAS
Illa do arquipélago de Bismarck, que constitúe unha provincia de Papua Nova Guinea (9.600 km2; 118.350 h [2000]). A súa capital é Kavieng (6776 h [1990]). É unha illa montañosa, de orixe volcánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Young Ireland.