Bríxida de Irlanda, santa

Bríxida de Irlanda, santa

Santa nacional de Irlanda que veu substituír a antiga divindade Brigantia, deusa da fertilidade, das artes e da ciencia. Bautizada por un discípulo de san Patricio, fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. Esta santa labrega acadou sona pola súa vaca: repartía entre os mendigos penlas de manteiga que ela mesma facía; un día visitárona tres bispos, e deulles leite a fartar muxindo tres veces no mesmo día a súa única vaca. O seu culto está moi espallado entre os países celtas como Gales, Bretaña armoricana, etc. Os irlandeses asimílana á propia Virxe, de feito é coñecida como a “Señora de Eirín”. En iconografía represéntase con vestiduras de abadesa, hábito branco e veo negro, e, como atributos persoais, leva un cirio na man e unha chama sobre a cabeza; ás veces tamén aparece como unha leiteira batendo a manteiga ou unha labrega coidando dunha vaca.