"Isidro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 21.
-
PERSOEIRO
Militar de orixe catalana. Foi Ministro da Guerra (1838-1839), durante a Rexencia de María Cristina e baixo a presidencia de Evaristo Pérez de Castro. Durante a súa xestión produciuse a Aperta de Bergara, que puxo fin á Primeira Guerra Carlista no norte, motivo polo que lle foi concedido o título de conde de Bergara.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. É catedrático de Arte Antiga e Medieval na Universidad Autónoma de Madrid, director do Corpus de Arquitectura Monástica Medieval Española, codirector dos Cuadernos de Arte Español e da Introdución al Arte Español e membro da xunta directiva do Comité Español de Historia del Arte. Colabora en diversas revistas e publicacións científicas. Publicou entre outros: A arquitectura románica en Pontevedra (1979), Galicia románica (1987), El arte de la alta edad media (1988), Alta Edad Media. De la tradición hispanovisigoda al románico (1989), Monasterios medievales (1989), El arte mozárabe (1991), El románico en España (1994), El camino de Santiago, camino de las estrellas (1994), Arte bizantino y arte del Islam (1996), El arte románico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de España, fillo de Carlos IV e irmán de Fernando VII, foi pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos V. Durante a Guerra de Independencia residiu en Valençay ata 1814, regresou a España e foi nomeado xeneral de brigada dos carabineiros. En 1823 comezou a agrupar os elementos absolutistas máis radicais, descontentos coa actitude moderada de Fernando VII despois do Trienio Liberal, e tres anos despois era xefe deste grupo. En 1830 recoñeceu a Pragmática Sanción, pero a reacción dos seus partidarios motivou que o goberno o obrigase a marchar a Portugal. Morto Fernando VII, non recoñeceu a Isabel II e lanzou un manifesto o 1 de outubro de 1833, no que se proclamaba Rei; inmediatamente estalou a Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Obrigado a marchar a Inglaterra (Tratado de Évora-Monte, 1834), regresou á Península Ibérica en xullo dese mesmo ano e instalouse en Navarra durante a guerra. Entre maio e xuño de 1837 realizou unha incursión en Catalunya co seu exército. O...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e político. Elixido deputado por Madrid en 1931, apoiou o movemento de Acción Gallega. Dirixiu o xornal El Progreso. Entre as súas obras destacan El agrarismo gallego y su momento actual (1923), Humo al viento (1960) e os poemarios Cantares y coplas (1971) e Aquel día (Venticuatro horas) (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo (1583-1593). Impulsor do seminario de gramática de Mondoñedo, cedeu en préstamo San Pedro de Viveiro (1584). Preocupado polo baixo nivel cultural do clero, elaborou un índice de obras de estudo e de lectura que debían figurar nas librerías dos sacerdotes da súa diocese. Convocou sínodos nos anos 1583 e 1586, dos que saíron unhas Constitutiones que confirmarían, anos máis tarde, os seus sucesores. Doou unha reixa de ferro para a capela do Santo Cristo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos María Isidro de Borbón.
-
PERSOEIRO
Gravador. Pertenceu á Escola Linoleísta de Pontevedra. Colaborador da revista Spes, realizou linóleos como Torre del reloj (1940) e unha portada de tema mariñeiro (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Perito mercantil, colaborou en diversos xornais e revistas (Poesía española, Ágora, Gánigo, Aturuxo, La Coruña. Paraíso del turismo, La noche, El Progreso, La Voz de Galicia, etc) e participou na fundación da revista Nordés en 1975, xunto con Tomás Barros e Luz Pozo Garza. Entre outras obras publicou: Wagner (1943), Tiempo (1957), con ilustracións de Díaz Pardo, El “verso blanco” en la poesía española (1960), Versos con un poco de muerte (1962) e Viaxe cara a morte (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), ampliou estudios en Florencia, Boloña e París, e doutourouse en 1990 coa tese Estrutura y comportamientos familiares en la Galicia de fines del Antiguo Régimen. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela ata 1993 e profesor titular de historia moderna da Universidad de Oviedo ata 1995, data en que se reincorporou á Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións centráronse no eido da demografía histórica, da historia da familia e da análise historiográfica. Colaborou, entre outras publicacións, en Annales de Démographie Historique, Continuity and Change, Boletín de la Asociación de Demografía Histórica Española e Grial. Tamén colaborou en distintas obras, como El Reino de Galicia en la Monarquía de Felipe II (1998) e El reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V (2000). Cómpre destacar as súas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor. Foi cóengo de Tarragona e bispo de Tarazona (1927). En 1933 nomeárono arcebispo de Toledo e cardeal en 1935. Ao estoupar a Guerra Civil foi durante un tempo representante oficioso da Santa Sé diante do goberno de Salamanca. Coa súa influencia persoal contribuíu ao recoñecemento da causa do Movimiento Nacional, lexitimado pola Carta colectiva del episcopado español (1937), escrita por el mesmo. Nun acto relixioso en Madrid (1939) recibiu a espada vitoriosa de Franco. Apoloxeta moi activo, escribiu máis de trescentas pastorais e dezaseis libros, entre outros, María, Madre y Señora (1920), El evangelio explicado (1931), en catro volumes, e Por Dios y por España (1940), recollido dos escritos da guerra. Foi un gran propagandista da “Hispanidade” (Discurso de la Raza, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que deriva do nome grego Isidoro. Presenta as variantes Sidro, Sidre, Cidre. Santo Isidro (1070?-1130), patrón dos labregos, celébrase o 15 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1070? - 1130) Humilde labrego. Casou cunha campesiña, María da Cabeza, que chegaría tamén a ser santa. Canonizado por Gregorio XV (1622), promocionou o seu culto o Rei Carlos III o Político durante a segunda metade do s XVIII, por ser o patrón da capital de España, ademais de ter tamén o padroado dos labregos e da facultade de Enxeñería Técnica Agrícola. Na iconografía viste o traxe tradicional dos labregos casteláns, con chaqueta e calzón curto, e como atributo persoal leva un arado tirado por unha xugada de bois ou vacas, en actitude de oración. Santo Isidro é patrón dos concellos de Boimorto, Frades, Mesía, O Incio, O Rosal, Oza dos Ríos, Rois, Toques e Triacastela. A súa festividade celébrase o 15 de maio, agás no concello de Tordoia, onde se celebra o 20 de maio.
-
GALICIA
Escritor. Da súa produción destacan 14 poemas (1976), Despacios (1980), Teaza de brétema (1994) e Por un presa de machacantes (1996). Gañador dun accésit no certame de narracións breves Modesto R. Figueiredo nos anos 1988 e 1991, conseguiu o primeiro premio en 1992 co relato “A Pin-Up de Beatiful Street”. Ademais gañou o IX Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía coa obra Dende unha nada núa (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor arxentino. Dirixiu en Bos Aires un coro galego co que gravou varias cancións galegas. Estreáronse en Santiago de Compostela (1964) sete números da súa Cantata escénica de Macías o Namorado, en que colaboraron Otero Pedrayo, Cabanillas e Antonio Lorenzo. Realizou as cancións Longa noite de pedra e Tempo de chorar de Celso E. Ferreiro e Sin niño e Arredor de min de Rosalía de Castro, e musicou os seis poemas galegos de Federico García Lorca (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Montes (Campo Lameiro). Foi priorado de San Martiño Pinario.
-
GALICIA
Médico. Foi director dos balnearios de Carballo, Arteixo e Cuntis. Escribiu Memoria de los baños minerales de Carballo (1857) e Memoria de los baños minerales de Caldas de Cuntis (1865). Recibiu o título de comendador da Real Orden Americana de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Realizou o doutoramento en xeoquímica en Zúric. Foi profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, presidente da área de xeoloxía e minaría do Seminario de Estudos Galegos e director da revista Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Participou na creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela (1933) -o primeiro de España-, e foi fundador e director do Instituto Xeolóxico de Laxe (1940). Interesouse principalmente polo estudo da xeoquímica de Galicia e publicou numerosos traballos sobre mineraloxía e química de minerais, sobre o estudo dos minerais das zonas areosas das costas de Galicia, a xeoquímica de rochas volcánicas, plutónicas e metamórficas, a cartografía xeolóxica, a estratigrafía e os granitos. Das súas obras destacan Quimismo de las manifestaciones magmáticas cenozoicas de la Península Ibérica (1935), El conocimiento geológico de Galicia (1958) e Mapa petrográfico estrutural...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Capitán de pesca. Foi oficial e capitán de diversas frotas, como as de Pescanova e Pescafría, e presidente do club de dirixentes de empresa da Cámara de Comercio da Coruña e da Unión Bacallaeira Internacional. Escribiu Los descubrimientos de la flota pesquera española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Realizou estudos sobre sindicalismo e asociacionismo. Escribiu Campesiñado a tempo parcial na periferia dunha grande cidade. Vigo 1900-1936 (1997) e Os campesiños de Lavadores. Estrutura social e articulación política, 1923-1931 (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do NL da provincia de Bos Aires, Arxentina, integrada na área suburbana do N de Bos Aires (299.023 h [2001]). Situada á beira do Río de La Plata, ten factorías de conservas cárnicas, industria leiteira, pneumáticos, papel e cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO