"Isona" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Calidade de altisonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que soa alto.

    2. Marcado pola énfase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona glicocorticoide segregada pola codia suprarrenal. Presenta unha función e uns efectos semellantes aos do cortisol. De feito, só amosa a súa actividade cando, no fígado, se converte nese composto. En terapéutica substitúese a miúdo por esteroides sintéticos por mor dos seus numerosos efectos secundarios indesexables.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combinación de sons disonantes ou discordantes.

      2. Calidade dalgúns intervalos ou acordes que producen un efecto de insatisfacción auditiva. Na harmonía tradicional tiña que ir seguida da súa resolución. Eran disonantes os intervalos que non formaban parte dos acordes perfectos ou das súas inversións, os intervalos de segunda, de sétima e todos os aumentados ou diminuídos. Na música moderna, a disonancia adquiriu valor por ela mesma.

    1. Efecto de disharmonía que provocan certos elementos no esquema rítmico dunha composición. Por extensión, alude a todo formante que non concorda co sentido xeral dun poema. Na narratoloxía aplícase ao distanciamento do narrador con respecto á interioridade dos seus personaxes, fronte á consonancia que indica a coincidencia nos sentimentos de ambos. Emprégase tamén para rexistrar o uso irónico da linguaxe que se deriva do desaxuste entre a intrascendencia do contido dun discurso e a elevación da súa expresión ou ao revés.

    2. Falta de acordo ou de harmonía que teñen algunhas cousas entre si.

    3. Estado de tensión producido nun individuo cando dous elementos cognitivos son incompatibles entre eles. O individuo afánase en reducir este estado pouco cómodo, aínda que teña que unir cognicións compatibles ou cambiar unha das cognicións disonantes. Esta teoría foi exposta por primeira vez no ano 1957 por Leon Festinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar dous ou máis sons unha combinación inharmoniosa ou pouco agradable ao oído.

    2. Estar en desacordo dúas ou máis cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dun grupo dunhas trinta hormonas esteroides, segregadas por certas glándulas e órganos de insectos, arácnidos e crustáceos, que interveñen no control do desenvolvemento e da diferenciación celular, a morfoxénese, a ovoxénese e embrioxénese destes animais. Estas hormonas actúan sobre xenes específicos estimulando a síntese de proteínas relacionadas con cambios corporais. Tamén se coñecen co nome de hormona da muda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coincidencia absoluta entre dous sons que o oído percibe como idénticos. Son equisonantes as oitavas simples, dobres, triples, etc, dunha nota. Tamén se inclúen os inharmónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteroide sintético do grupo dos corticosteroides. Emprégase en medicina como antiinflamatorio e presenta moi diminuídos os efectos secundarios da cortisona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concorrencia de dúas ou máis voces, sons ou instrumentos ao unísono.

    VER O DETALLE DO TERMO