ecdisona
ecdisona
(<écdise + 2 -ona)
s
f
[BIOQ]
Nome xenérico dun grupo dunhas trinta hormonas esteroides, segregadas por certas glándulas e órganos de insectos, arácnidos e crustáceos, que interveñen no control do desenvolvemento e da diferenciación celular, a morfoxénese, a ovoxénese e embrioxénese destes animais. Estas hormonas actúan sobre xenes específicos estimulando a síntese de proteínas relacionadas con cambios corporais. Tamén se coñecen co nome de hormona da muda.