"Itami" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Substancia de estrutura semellante ás vitaminas, pero de acción antagónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de regras ditadas na Idade Media para a redacción de cartas e documentos, que deron lugar á formación dun novo sistema de retórica xurdido das necesidades da práctica administrativa. Dende finais do século XI os modelos epistolares adoitaban ir precedidos de introducións e preceptos co fin de subordinar a Retórica á ciencia do estilo epistolar. Este feito fixo necesario habilitar un nome que dese conta da novidade con respecto á retórica tradicional, para o que se adaptou unha nova acepción do termo ditare, orixinariamente ‘ditar’, que pasou a significar ‘escribir ou redactar con arte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso producido pola falla ou escaseza, nun organismo, dunha ou de varias vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir como ditame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se extrae da cortiza dalgunhas árbores do xénero Alstonia. De acción semellante á do curare, emprégase como febrífugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escitamíneas.

    2. Planta da antiga orde das escitamíneas.

    3. Antiga orde constituída por plantas herbáceas perennes, a miúdo moi corpulentas, de follas enteiras, grandes e amplas, provistas de vaíñas grosas e con flores trímeras, cigomorfas ou asimétricas, de ovario ínfero e de androceo xeralmente reducido. É unha orde tipicamente tropical. Os seus membros están actualmente incluídos dentro da orde das zinxiberáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico producido polo uso excesivo de vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico consecuencia da carencia relativa dunha ou varias vitaminas, como é o caso da falta da vitamina A (xeroftalmia), B (beri-beri), C (escorbuto) e D (raquitismo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Hyōgo, situada na illa de Honshū (190.886 h [1997]). Constitúe un suburbio industrial de Osaka trala apertura dunha liña ferroviaria e a construción de edificios sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Asahikawa, na illa de Hokkaidō, Xapón (107.746 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia precursora que se transforma en vitamina. As máis coñecidas son a carotina, que por oxidación enzimática dá vitamina A, e o ergosterol, que se transforma en vitamina D por irradiación ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia orgánica necesaria en pequenas cantidades para o mantemento das funcións metabólicas dos organismos. Os animais superiores non teñen a capacidade para sintetizalas, polo que teñen que obtelas de plantas, animais ou microorganismos que forman parte da súa dieta, ou de microorganismos que se atopan dentro do tubo dixestivo. A deficiencia total ou parcial dunha vitamina pode provocar enfermidades por carencia (avitaminose). O concepto de vitamina foi introducido polo bioquímico C. Funk en 1912, ao illar a tiamina ou vitamina B1. Clasifícanse pola súa solubilidade en hidrosolubles, que inclúen as vitaminas do complexo B e o ácido ascórbico, cuxa función bioquímica é a de coenzimas ou de precursores de coenzimas de diversas reaccións enzimáticas; e liposolubles, que inclúen a vitamina A, D, E e K. Estas vitaminas actúan, grazas á súa liposolubilidade, en diversas membranas celulares, afectando incluso á súa permeabilidade e modificando os procesos de transporte a través...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao produto ao que se lle engadiron vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás vitaminas.

    2. Que contén vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO