"Iugoslavia" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Rei de Iugoslavia (1921-1934), fillo de Pedro I Karadjordjevic de Serbia. Na Primeira Guerra Mundial loitou contra Austria-Hungría. No 1921 converteuse en Rei do novo reino de serbios, croatas e eslovenos. Promulgou unha constitución que favorecía a Serbia, o que provocou enfrontamentos entre serbios (centralistas) e croatas (federalistas), que culminaron no 1928 co asasinato do líder croata Radic. O Rei aproveitou a situación para implantar un réxime ditatorial (1929). Ese mesmo ano cambiou o nome do reino polo de Iugoslavia e aboliu as unidades históricas. No exterior cooperou cos checos e cos romaneses no Pequeno Acordo e mantivo relacións cos outros estados balcánicos. Morreu nun atentado perpretado por nacionalistas croatas. Sucedeuno o seu fillo Pedro II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado histórico da Europa que comprendía as repúblicas de Eslovenia, Croacia, Serbia, Bosnia-Herzegovina, Montenegro e Macedonia, e as provincias autónomas de Vojvodina e Kosovo. Constituíuse o 1 de decembro de 1918, co nome de Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos e agrupou aos eslavos do sur. Despois da promulgación da Constitución de Vidovdan (28.6.1921), a hexemonía dos serbios manifestouse con claridade e espertou a resistencia das outras nacionalidades do reino. Durante a ditadura do Rei Alexandre I (1929-1931) substituíse o nome oficial do estado polo de Iugoslavia, mentres os secesionistas croatas radicalizaron a súa postura e organizaron grupos terroristas. Despois do asasinato de Alexandre I e do ministro Barthou (1934) polos croatas, o goberno do rexente buscou apoio nos gobernos fascistas de Hitler e Mussolini e adheriuse ao Pacto Tripartito en 1941, pero foi invadido por Alemaña ese mesmo ano. A resistencia contra os invasores organizouse ao redor de grupos de militares monárquicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro I de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Iugoslavia (1934-1945), fillo e sucesor de Alexandre I de Iugoslavia. En 1941 exiliouse a Londres, ao ser ocupado o seu país por Alemaña. Terminada a guerra, Iugoslavia converteuse en república (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO