"Jarama" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo río Jarama, preto da confluencia co Guadalix (3.208 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, viña e oliveiras) e gandería, pero tamén ten unha importante actividade industrial (metal, zapatos e transformación de plásticos). De orixes prehistóricas, foi incorporada ao patrimonio real en 1578. Do seu patrimonio cultural destaca o xacemento da Cuesta de Almodóvar.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da Península Ibérica, afluente pola dereita do Tajo. Nace a 2.000 m de altitude no macizo de Somosierra. Atravesa a provincia de Guadalajara (Castela-A Mancha) e Madrid. Desemboca despois de percorrer un curso de 190 km, drenar unha conca de 6.977 km2 e recibir afluentes como o Lozoya, o Henares e o Manzanares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Loita librada durante a Guerra Civil entre o 5 e o 25 de febreiro de 1937, na que se pretendía incomunicar Madrid co resto da zona republicana mediante o corte da estrada de València. A partir do día 12 a contraofensiva republicana logrou deter o avance dos insurxentes e manter o acceso dos víveres. Foi unha batalla de desgaste que ocasionou un gran número de baixas.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao L da cidade de Madrid e regado polo Jarama (6.287 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e pequenas industrias químicas e metalúrxicas. En 1937, durante a Guerra Civil Española, produciuse o asasinato de presos nacionais por parte de milicianos repúblicanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid situado na conca do Jarama (1.658 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Madrid, ao N da capital, na ribeira dereita do Jarama (2.278 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO