Fuente el Saz de Jarama
Fuente el Saz de Jarama
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo río Jarama, preto da confluencia co Guadalix (3.208 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, viña e oliveiras) e gandería, pero tamén ten unha importante actividade industrial (metal, zapatos e transformación de plásticos). De orixes prehistóricas, foi incorporada ao patrimonio real en 1578. Do seu patrimonio cultural destaca o xacemento da Cuesta de Almodóvar.