"Juan Luis" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Profesor de Paleontoloxía da Universidade Complutense. Profesor visitante na University College of London. En 1982 incorporouse o equipo de investigación dos xacementos plistocenos da serra de Atapuerca e dende 1991 é codirector. Recibiu polos seus traballos o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 1997 e o Premio Castela e León das Ciencias Sociais e Humanidades no mesmo ano. Alén de numerosos artigos científicos da súa especialidade, publicados en revistas científicas (Nature, Science e La Recherche) é autor de Antropología del hueso coxal, evolución, dimorfismo sesmal y variabilidad (1990), La especie elegida: la larga marcha de la evolución humana (1998), escrito en colaboración con Ignacio Martínez, e El collar del Neandertal: en busca de los primeros pensadores (1999). É editor asociado do Journal of Human Evolution.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Lingua Española da UNED (campus de Pontevedra) e técnico editorial da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa. Realizou as traducións ao galego dos libros Monxes e mosteiros na Galicia medieval (1995) e Os viquingos en Galicia (1997). Sobriño-neto de Roberto Blanco Torres é, ademais de coautor de varias obras colectivas sobre a súa vida e obra, autor dos libros: Hipertensión cívica: aproximación á vida e obra de Roberto Blanco Torres (1998), Roberto Blanco Torres (1999) e Roberto Blanco Torres (1891-1936). Unha fotobiografía (1999). Tamén publicou colaboracións en prensa, poesías, artigos e recensións de Lingüística, Literatura e Lexicografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou filosofía na Universidad Complutense de Madrid e graduouse na Escuela Oficial de Periodismo en 1963. Nese mesmo ano fundou a revista Cuadernos para el diálogo e traballou como redactor xefe no xornal Pueblo. En 1968 incorporouse como redactor xefe ao xornal Informaciones. Foi conselleiro delegado do grupo PRISA e de Canal+, e vicepresidente de Sogecable. Dirixiu os servicios informativos da primeira cadea de TVE e, en 1976, formou parte do equipo fundacional do diario El País, que dirixiu ata 1988. Publicou, entre outros libros, La prensa y la calle (1980), La isla del viento (1990) e La agonía del dragón (2000). Recibiu, entre outras distincións, o Premio Nacional de Periodismo (1983) e o Premio Internacional Trento de Periodismo y Comunicación (1987). En 1996 foi nomeado membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán Luís López García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arqueólogo. Especializouse no comercio marítimo no NO peninsular en época prerromana e romana. Realizou as escavacións arqueolóxicas da praza de María Pita en 1985 e escribiu, entre outras, El Comercio antiguo en el N.W. peninsular: lectura histórica del registro arqueológico (1991), El Golfo Artabro: arqueología e historia del gran puerto de los Galaicos Lucenses (1994) e Catoira na historia (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fillo de Leopoldo Panero e irmán de Leopoldo María Panero Blanch, viaxou por diversos países americanos, onde coñeceu a Octavio Paz, Jorge L. Borges e Juan Rulfo. Iniciou a súa andaina poética con A través del tiempo (1968). Co seu estilo persoal, introduce temas xa utilizados en obras de Cernuda, C. Pavese ou Vinyoli. Da súa obra cómpre salientar os libros de poemas Los trucos de la muerte (1975), Antes que llegue la noche (1985, Premio Ciudad de Barcelona), Galerías de fantasmas (1988, Premio Internacional de Poesía da Fundación Loewe) e Enigmas y despedidas (1999); a recompilación de artigos literarios Los mitos y las máscaras (1994) e o volume Sin rumbo cierto (1999, XII Premio Comillas de Biografía, Autobiografía y Memorias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Delegado territorial de Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (1990), participou na redacción da Lei de Pesca de Galicia e foi director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Foi vicepresidente do consello de administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) e do Patronato do Museo de Pontevedra. Alcalde de Pontevedra polo PP (1995-1999), foi vicepresidente económico da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Licenciado en Filoloxía Clásica, foi membro do consello de administración da CRTV, director xeral de Turismo, presidente do IGAEM e vicepresidente da Fundación Otero Pedrayo. Realizou a edición de Literatura popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos (1987), de X. A. Saco Arce. Recibiu a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO