Cebrián Echarri, Juan Luis
Xornalista. Estudiou filosofía na Universidad Complutense de Madrid e graduouse na Escuela Oficial de Periodismo en 1963. Nese mesmo ano fundou a revista Cuadernos para el diálogo e traballou como redactor xefe no xornal Pueblo. En 1968 incorporouse como redactor xefe ao xornal Informaciones. Foi conselleiro delegado do grupo PRISA e de Canal+, e vicepresidente de Sogecable. Dirixiu os servicios informativos da primeira cadea de TVE e, en 1976, formou parte do equipo fundacional do diario El País, que dirixiu ata 1988. Publicou, entre outros libros, La prensa y la calle (1980), La isla del viento (1990) e La agonía del dragón (2000). Recibiu, entre outras distincións, o Premio Nacional de Periodismo (1983) e o Premio Internacional Trento de Periodismo y Comunicación (1987). En 1996 foi nomeado membro da Real Academia Española.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid