"Kara" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 54.
-
CAPITAIS
Capital do il de Afyonkarahisar, Turquía, ao SO de Ancara (102.997 h [1995]). Tanto pola súa función administrativa coma pola súa situación (conta cun importante nó ferroviario), como polo seu desenvolto mercado agrícola, experimentou un forte crecemento demográfico nos últimos anos. Ten cultivos e comercio de opio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il da rexión de Anatolia Occidental, Turquía (14.295 km2 748.900 h [1990]). A capital é Afyonkarahisar, antigamente chamada Afyon.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Serbia (1842-1858), fillo de Xurxo I de Serbia. Foi oficial do exército ruso. No 1842 substituíu a Miloš Obrenović como príncipe de Serbia. Durante o seu reinado consolidouse o principado e o réxime apoiouse nos funcionarios, na policía e no exército. Ilya Garachanin agrandou os territorios de Serbia, pero o príncipe (ás veces favorable a Austria e outras a Rusia) foi deposto (1858) pola Skupstina (Asemblea Nacional), que devolveu a Milos ao trono. No 1871, foi acusado de participar no asasinato de Miloš Obrenović, pero foi absolto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno medio de Turquía. Resulta difícil establecer as relacións evolutivas deste xénero, sen embargo, é probable que represente unha pola lateral da tribo Ponginae, polo que tería a súa orixe na dispersión dos Griphopithecus hai 14 M a por Eurasia procedentes de África. A única especie definida neste xénero é o A. meteai.
-
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo indio, chamado tamén Ācārya ‘o sabio’. Un dos máis xeniais matemáticos indios que introduciu, á parte doutros traballos matemáticos e astronómicos, o concepto de infinito en Matemáticas. O seu libro máis famoso é o Siddhānta-śiromani (Fin do sistema, 1150), dividido en dúas partes sobre Matemáticas e dúas sobre Astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas de Turquía que se estenden paralelas á costa, no extremo oriental da rexión da costa do Mar Negro.
-
PERSOEIRO
Político e pensador hindú. Coñecido co título de mahatma, estudiou dereito no University College de Londres e exerceu como avogado en Bombai. En 1893 aceptou un contrato de traballo en Sudáfrica, onde permaneceu durante 21 anos e iniciou un movemento de non violencia en defensa dos dereitos dos hindús emigrados, denominado satyagraha (‘abrazo da verdade’). En 1915 regresou á India e converteuse en líder do movemento en favor do autogoberno (swaraj), acompañou os seus postulados de resistencia pasiva cun sistema de vida ascético e de confraternización coas clases baixas. Entre 1921-1932 o Congreso Nacional Indio outorgoulle a autoridade executiva. Levou a cabo diversas campañas de desobediencia civil que lle supuxeron períodos de cárcere; na súa estancia en prisión en 1932 protagonizou una folga de fame co obxecto de erradicar a inxustiza social e económica do sistema de castes. Malia á súa oposición inicial, aceptou a separación de India e Paquistán cando se acadou...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, situada ao L de Kolhapur, á beira do río Krishna (214.835 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Togo (11.631 km2; 531.500 h [estim 1989]). A súa capital é Kara (30.000 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONFEDERACIONS
Confederación de turcománs xiítas procedente do S de Armenia establecida a principios do s XIV nos dominios dos ǧ alā’ir de Bagdad. Recibiu este nome polo emblema do seu estandarte, un carneiro negro. Independizados no territorio de Mossul (1375) e Tabrīz (1387), o seu emir Qara Yūsuf derrotou a confederación rival dos Ak Koyünlü (1418). O seu fillo e sucesor (1420) Iskandar resistiu con éxito os ataques do timurida Shāh Rūkn, que concedeu o goberno de Acerbaixán ao irmán de Iskandar, Jahān Shāh (1434). Este ampliou considerablemente os seus dominios (Persia e Iraq), pero morreu (1467) na loita contra a horda do carneiro branco, que acabou anexionando o seu territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista otomano. Gran visir de Mehmet IV (1676), loitou contra Leopoldo I de Austria no sitio de Viena (1683), pero foi derrotado por Jan Sobieski de Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do Océano Ártico, no litoral ruso, situado entre as illas de Nova Zembla e as costas noroccidentais de Siberia (880.000 km2).
-
CIDADES
Cidade do il de Zonguldak, Turquía, situada á beira do río Yenice (105.373 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos karachai ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo karachai.
-
Pobo que se estableceu na rexión da actual República dos Karachais e os Cherkeses fuxindo das invasións dos mongois desde o s XIII. Vasalos dos príncipes kabardinos desde o s XVII, sometéronse á soberanía dos otomanos a comezos do s XVIII. Conquistados polo Imperio Ruso en 1828, os enfrontamentos prolongáronse durante o s XIX e orixinaron a fuxida da poboación cara ao Imperio Otomano no período 1860-1870.
-
Lingua da familia turca do phylum altaico que se fala na Rusia europea.
-
-
REPUBLICAS
República Federal de Rusia (14.100 km2; 433.500 h [estim 1999]). A súa capital é Čherkessk (120.000 h [1997]). Os karachais establecéronse no territorio da actual república cara ao s XIII, fronte o avance dos mongois. Anexionados militarmente polo Imperio Ruso en 1828, os enfrontamentos contra o goberno dos tsares prolongáronse durante o s XIX, mentres que a represión rusa provocou a fuxida de grandes grupos de poboación cara ao Imperio Otomano nas décadas de 1860 e 1870. Os cherkeses que buscaron a axuda dos tsares rusos contra os tártaros e as tribos turcas, foron sometidos definitivamante despois da conquista da rexión do Cáucaso polos rusos, cara a 1864. A rexión foi incluída inicialmente na República dos Pobos das Montañas (1921), pero en 1922 constituíuse na rexión autónoma de Karachai-Cherkes. Dividida de novo en 1924 entre a rexión autónoma de Karachai e a área nacional Cherkes, en 1943, durante o goberno de Stalin uníronse ambos territorios. Autoproclamada república...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Sind, Paquistán, situada no litoral do mar de Omán (9.269.265 h [1998]). É o principal porto e núcleo industrial e comercial do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome turco do Bósforo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xurxo I de Serbia.
-
DINASTIAS
Dinastía serbia fundada no s XIX por Djordje Petrović Karadjordje (Xurxo I de Serbia), de quen tomou o nome. Foron membros destacados Alexandre I de Serbia, Pedro I de Serbia, Alexandre I de Iugoslavia e Pedro II de Iugoslavia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político montenegrino. En 1990 fundou o Partido Democrático Serbio (Srpska Demokratska Stranka, SDS) e converteuse no dirixente da autoproclamada República Serbia de Bosnia durante a guerra da antiga Iugoslavia. Desde 1996 está reclamado polo Tribunal da Haia, acusado de crimes contra a humanidade.
VER O DETALLE DO TERMO